A campaña persegue o obxectivo de garantir a seguridade ás mulleres que optan por realizar a peregrinación a Santiago tanto soas como acompañadas
A Fonsagrada, 2 de xullo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe na Fonsagrada do inicio da Campaña “No Caminas Sola”, por un Camiño de Santiago libre de violencias machistas, con 389 puntos da ruta xacobea ao seu paso pola provincia de Lugo. Este programa impulsado polas unidades contra a Violencia sobre a Muller das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago serve para reforzar a protección das peregrinas facilitando recursos e materiais que garantan a súa liberdade ao longo do seu percorrido. Isabel Rodríguez presentou esta mañá a iniciativa xunto co alcalde, Carlos López, e a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro.
As mulleres xa representan o 53% das persoas que fan o camiño (máis de 230.000 fixérono no último ano) polo que a subdelegada subliñou que “están a ser as protagonistas destas sendas de peregrinación”, asegurando que “ano tras ano a súa presenza vai a máis, ben sexa con ou sen compañía”. O obxectivo desta campaña é o de “garantir que as peregrinas fagan libremente o camiño, de xeito que as mulleres ocupemos en igualdade de condicións os espazos sen ningún tipo de perigo ou limitación”.
A subdelegada explicou que a campaña trata de facilitar o acceso a todos os recursos e a sensibilizar, previr e denunciar as violencias sobre as mulleres. Con este obxectivo elaborouse un material específico, que foi distribuído nos principais puntos de referencia para as peregrinas. Na provincia de Lugo distribúense 389 carteis e 7.780 tarxetas, editadas en español e inglés. No caso da Fonsagrada, as peregrinas terán como puntos de información o posto da Garda Civil, a Policía Local, 2 farmacias, 5 albergues, o centro de saúde e a oficina de turismo.
As tarxetas inclúen información de emerxencias e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Ademais, un código QR enlaza cunha web de recursos do Goberno para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.


