Javier Castiñeira recorda que é a Xunta de Galicia a administración que financia ao 100% estas obras o que evidencia “o gran compromiso do goberno galego” cos veciños de Foz para solucionar os graves problemas de saneamento do municipio, incluídos vertidos á ría
Foz, 31 de xullo de 2024. Os concelleiros do PP de Foz celebran o bo ritmo das obras da nova depuradora do municipio, con tres frontes de obra abertos o que permite que se avance de forma notoria.
O voceiro popular Javier Castiñeira explica estes tres frontes de traballo:
-O primeiro, a propia depuradora na Granda de Forxán, onde os traballos das estruturas dos decantadores van a moi bo ritmo.
-En segundo lugar, a obra do pozo de tormentas, no porto de Foz, que está xa na fase de cimentación.
-En terceiro lugar, as canalizacións, unhas obras complexas das que xa se fixeron unha parte importante entre Foz e Forxán.
Neste senso, os concelleiros populares amósanse “moi contentos” e explican que nestes traballos vese “o firme compromiso” da Xunta de Galicia con Foz e os seus veciños, con máis de 12M€ para financiar unha nova depuradora, “moi necesaria xa que a antiga estaba a crear moitos problemas”.
Javier Castiñeira lamenta que, pola contra, a Deputación de Lugo non participa nestes servizos, a pesar de que o alcalde de Foz tamén é deputado provincial: “tivo ante si unha oportunidade moi importante para aproveitar fondos da Deputación para mellorar o abastecemento de Foz, que hai un ano provocou múltiples problemas, aos que unicamente se puxeron parches, pero non fixo”, ao que engadiu que “as únicas propostas do señor Cajoto para mellorar o abastecemento pasan porque as paguen os veciños con subas de taxas”.
O voceiro popular ve como hai “dúas formas de facer política moi diferentes”. “Está a forma de traballar do PP, buscando financiamento noutras administracións para poder custear novos investimentos; e a do PSOE, que fai o contrario para que paguen os veciños”, explicou.
Ante esta situación, dende o PP de Foz esixen a PSOE e BNG que busquen outro modelo de xestión. “Pidan a colaboración da Deputación, que o pode facer perfectamente”, rematou.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



