Ribadeo, 31 de xullo de 2024. Ribadeo acollerá unha feira do automóbil novo e usado os días 31 de agosto e 1 de setembro. Está organizada por Apaga e enmárcase no XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Seis firmas teñen confirmada xa a súa presenza.
Esta é unha das novidades do Fórum, que arrincará o 28 de agosto, nas instalacións de Apaga. O seu presidente, Álvaro Doural, contou que “o programa do Forum xa está listo, é dicir que empezará o 28 e vai rematar o día 30. Neste caso, como todos os anos, sempre reservamos un número de prazas para xente que non é socio noso, para persoas interesadas no mundo do motor. Xa están dispoñibles, é dicir, calquera persoa que queira vir ao Fórum o único que ten que facer é vía web, a través de www.apaga.es anotarse. Aí ten unha ficha para cubrir, que é moi fácil, incluír datos como nome, apelidos, teléfono… e enviar. Entón xa tería adxudicada a súa praza. En principio hai sobre 10 e 15 prazas que están dispoñibles neste momento e están abertos a toda a xente que queira, desde alumnos, profesionais do sector, interesados no mundo do motor, xubilados…Todo é gratis, non lle vai custar nada a ninguén. Entón se eses días queren unirse á nosa actividade pois encantados e benvidos”. Medio cento de persoas teñen xa confirmada a súa asistencia ao XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos.
Doural anunciou que “este ano imos facer unha experiencia nova a petición dalgunhas empresas que nos dixeron se se podía organizar unha feira do vehículo novo e usado. Entón o Concello de Ribadeo xestionounos o porto, onde está a lonxa, será naquela zona. O día 31 de agosto e o 1 de setembro van estar dedicados á feira de vehículo novo e de segunda man. Hai distintas empresas xa que están dispostas a participar, pero tamén imos deixar un espazo para aqueles particulares que queiran vender o seu coche. Se unha persoa quere vender o seu automóbil, alí pode presentalo no espazo habilitado para este fin. Esta feira será un pouco o colofón do Fórum”.
O presidente de Apaga subliñou que “vai ser un espazo aberto, ao que todo o mundo poida vir. Vamos ver se conseguimos empresas de servizos, como foodtrucks e outro tipo de xente que participa nas feiras, que estean interesados en estar alí presentes tamén contaremos cun espazo para eles. Os custes van ser moi pequenos, practicamente insignificantes. Imos facer un esforzo importante nesta ocasión para poñer en marcha este evento”.
Doural engadiu que “as empresas do sector do automóbil que estean interesadas en sumarse a esta feira o único que teñen que facer é poñerse en contacto con Apaga ao igual que as firmas de servizos coas que agardamos poder contar”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



