Lévase tamén a pleno a solicitude da declaración da Feira do Capón como Festa de Interese Turístico de Galicia
Vilalba, 31 de xullo de 2024. O Concello de Vilalba celebra mañá, xoves 1 de agosto, pleno ordinario e entre os puntos da orde do día está a modificación dos orzamentos do 2024 para incluír as subvencións nominativas que recibirán as comisións das festas das parroquias.
O pasado mes de abril, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, que se comprometera persoalmente a solucionar esta demanda veciñal, reuniuse co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, para pedirlle a colaboración da institución provincial.
Días máis tarde, a Xunta de Goberno provincial aprobou a colaboración entre ambas institucións, polo que as comisións de festas vilalbesas recibirán, tal e como viña acontecendo en anos anteriores, as subvencións nominativas do concello para facer fronte aos gastos dos festexos.
O acordo acadado dende a alcaldía coa Deputación permitira outorgar 1.200 euros á comisión de cada parroquia, máis dúas festas entrealdea.
“Son axudas moi importantes, que sempre se deron e mentres eu estea na alcaldía traballarei para que se sigan concedendo, porque manter vivas as nosas tradicións e as festas patronais das nosas parroquias é fundamental para dinamizar o noso concello”, sostén Marta Rouco.
Feira do Capón
O Concello de Vilalba solicitará á Xunta de Galicia a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Feira do Capón.
“É unha das grandes citas do ano, unha referencia en toda España, e merece esta declaración”, engade a alcaldesa de Vilalba. O próximo pleno solicitará o mesmo recoñecemento para a Feira do Queixo de San Simón da Costa.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



