O sector presentou diversos proxectos nos que están traballando estre os que destaca a celebración dunha nova edición das xornadas técnicas organizadas pola OPP77 de Celeiro
Viveiro, 22 de agosto de 2024. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo no día de hoxe unha reunión de traballo con representantes do sector pesqueiro de celeiro na que abordou as diferentes liñas de axuda nas que traballa a Consellería do Mar e que van dirixidas á mellora e renovación da flota e a reforzar a actividade das organizacións de produtores pesqueiros (OPP). O responsable autonómico trasladou aos representantes de Porto de Celeiro, da OPP 77 de Celeiro e da confraría de pescadores local o compromiso do Goberno galego de seguir apoiando iniciativas que permita afondar na competitividade e liderado internacional da pesca galega.
Por outra banda, tamén foron tratadas algunhas das demandas e inquedanzas dos profesionais do mar como a necesaria remuda xeracional ou a mellora de funcionamento e xestión da capacidade de apoio ás OPP. Asuntos nos que a administración autonómica traballa da man do sector, en liña co modelo de cogobernanza polo que se ven apostando desde a Consellería do Mar. Finalmente tamén se abordaron futuros proxectos nos que se está traballando e nos que colabora a Xunta como a celebración este ano da vindeira edición das xornadas técnicas que organiza o sector pesqueiro da localidade.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



