As actuacións, cun orzamento de máis de 50.000 euros, incluirán a instalación dunha corda tirolesa de 25 metros que converterá a este no único parque do casco urbano con este tipo de infraestrutura
Vilalba, 26 de agosto de 2024. A empresa adxudicataria das obras do parque infantil da Rúa da Emigración, no casco urbano vilalbés, comezou no día de hoxe as actuacións para proceder á renovación e acondicionamento do mesmo.
En concreto, as obras incluirán a colocación dunha corda tirolesa de 25 metros de lonxitude, así como a reparación e reinstalación dos xogos existentes, que se complementará co cambio de localización do mobiliario co que conta actualmente o parque infantil.
Pola súa banda, os traballos tamén suporán a demolición e retirada do actual pavimento amortecedor e as soleiras de formigón que conforman a súa base, para logo instalar un novo pavimento de seguridade con acabado de céspede artificial.
Un conxunto de actuacións que “dan resposta ás necesidades demandadas polos nenos e nenas no Consello da Infancia e mellorarán o estado dos xogos infantís e da contorna para dotala de maior seguridade e confort para os usuarios e usuarias”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco.
Así mesmo, a rexedora tamén salientou “o dinamismo que aportará a colocación da corda tirolesa, sendo este o único parque do noso casco urbano que contará cunha infraestrutura coma esta” e a cal se inclúe nun proxecto de obra que ascende aos 51.112,23 euros de inversión.
En canto ao orzamento, 35.778,56 euros serán achegados en forma de subvención pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e os 15.333,67 euros restantes correrán a cargo das arcas municipais.
Finalmente, no referido ao prazo de execución das obras, a previsión da empresa responsable das mesmas é ter rematadas as actuacións durante o vindeiro mes de setembro, de tal forma que os nenos e nenas poidan aproveitar as melloras realizadas.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



