Foz, 13 de agosto, 2024. Musica Ficta, un dos máis destacados grupos renovadores da música antiga en España desde 1992, actuará no ‘XI Festival Bal y Gay’ o día 14 de agosto na Igrexa de Santiago de Foz (21:00) para interpretar o seu proxecto ‘Columbus: La Puerta del Nuevo Mundo’. Obras virreinales dos séculos XVI e XVII a cargo da formación dirixida polo percusionista Raúl Mallavibarrena, cuxa traxectoria internacional está encomiada por múltiples presenzas en países de Europa, Asia e América. Será o quinto dos 12 destacados concertos previstos ata o 23 de agosto no festival, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en fermosos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña.
“El programa que hacemos es un viaje a la música que se compuso y se escuchó en las capillas americanas en los tiempos de los virreinatos de Nueva España y Perú (siglos XVI al XVIII). Músicas en las que se puede rastrear la fusión de estilos y culturas, no solo la propiamente americana con la europea, sino también los ritmos africanos que debido a la llegada de población esclava se integraron en las prácticas musicales de aquellos tiempos”, sinala Raúl Mallavibarrena sobre ‘Columbus: La Puerta del Nuevo Mundo’.
“Para nosotros es un motivo de orgullo poder participar en el Festival Bal y Gay y regresar a Galicia después de algunos años, llevando además la música antigua a zonas tan sugerentes e inspiradoras como la costa gallega. Creemos que el festival es una iniciativa muy importante con la que no solo se homenajea y se visualiza el nombre del gran musicólogo y compositor Bal y Gay, sino que se ayuda a difundir la música por los lugares más alejados de los centros culturales habituales. Esperamos sumar con nuestra actuación para este fin”, engadiu.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



