Os populares consideran “crítica” a situación destas parroquias e reivindican como “urxente e necesario” corrixir os problemas na rede de abastecemento de auga
Viveiro, 27 de agosto de 2024. O PP de Viveiro considera “urxente e necesario” corrixir os problemas na rede de abastecemento de auga que afectan ás parroquias de Galdo, Landrove e Magazos. Así, propoñen ao goberno municipal investir na posta a punto da rede de abastecemento de agua destas parroquias o resultante das contías de gasto reservadas no presuposto 2024 para a Policía Local e que non foron executadas ao levar 6 meses sen este servizo.
Os concelleiros populares subliñan como “crítica” a situación destas parroquias e da que xa advertiran o mes pasado ante as continuas queixas dos veciños e veciñas polos “continuos cortes de auga sen ningún tipo de aviso previo” que “provocan inevitables trastornos para a vida diaria dos veciños”. De feito, “sofren constantemente cortes no subministro que lles impiden realizar tarefas coma o aseo persoal, labores de limpeza nos seus fogares e negocios ou algo tan necesario como dar de beber aos animais ou regar as hortas”.
Para os concelleiros do PP “é obriga do goberno local valorar e cubrir na medida do posible as necesidades básicas dos cidadáns, garantindo os servizos coma o da auga”.
Á vista de que “levamos 6 meses sen efectivos municipais -nos que nin a alcaldesa nin a súa socia de goberno avanzaran para esclarecer e solucionar a situación que vive a Policía Local de Viveiro co seu corpo de baixa médica dende finais de febreiro-, entendemos que se liberaría unha contía importante do presuposto que queda dispoñible para realizar redistribucións de gasto que permitan consignar crédito para outras aplicacións”.
E, tendo en conta que “a auga é un ben básico e o seu subministro é unha competencia municipal, instamos ao goberno bipartito a que teña en conta a necesidade de garantir o acceso á auga potable aos veciños destas parroquias de Viveiro”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



