Ribadeo, 27 de agosto de 2024. Ribadeo mellora estes días o entorno e o acceso á praia das Catedrais. O investimento nesta primeira fase é de 80.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “As Catedrais mellora a súa imaxe. Non só debemos falar das Catedrais, senón que temos a obriga de xestionar, de concretar o orzamento para mellorar todo este espazo natural. A xestión feita foi de preto de 80.000 euros cos que melloraremos todo o espazo natural e o acceso a este areal. Sabemos que o pavimento, que a zona de acceso está certamente deteriorada. Vamos repoñer pedras, vamos reparar os muros, vamos construír unha zona de vallas de dobre corda, que terán máis de 380 metros de lonxitude. Hai unha zona de vexetación autóctona que temos a obriga de coidar, de protexer, e tamén serve para limitar toda esa zona de alto risco, porque moitas persoas teñen o atrevemento de acercarse moitísimo, entón con esta valla de dobre corda, impedimos o acceso”.
Para o rexedor “evidentemente non chega con iso, senón tamén cos informadores que ten a Xunta de Galicia, pois entre as dúas cousas vamos limitar a presenza de moitas persoas por espazos que non se deben pisar porque hai que conservalos, pero tamén é de alto risco achegarse tanto á zona de visualización das Catedrais”.
Vega lembrou que “neste tema xa estabamos traballando na oposición, e iso eu xa llo trasladei en moitas ocasións a Turismo de Galicia. A sinalización que tiñan a Xunta, Concello, Costas era en principio, moi antiga, despois certamente confusa, era moita información e eu creo que a xente non lía absolutamente nada. Nosoutros o que fixemos foi sentar a todas as administracións, tanto a Costas como á Xunta de Galicia, como nós mesmos como institución, e dixemos con claridade que debemos ter unha sinalización, imos mellorala desde un punto de vista da propia sinal, pero tamén a información que queremos trasladar. Polo tanto, iso conseguímolo e tamén o vamos mellorar”.
E explicou que “a reparación de todos os muros das zonas do aparcadoiro, que é un elemento significativo, é un elemento a conservar no espazo natural das Catedrais e estámolos a reparar nestes momentos. E tamén todo o entorno deste areal vaise mellorar tanto as zonas dos baños, o aparcadoiro inicial da praia das Catedrais tamén o vamos reparar. En consecuencia vai haber unha mellora importante deste espazo. Non nos vamos quedar aquí, esta é unha primeira actuación de 80.000 euros, pero a continuación xa vamos empezar a xestionar o que realmente importa, que é todo o paseo e tamén os aparcadoiros que son fundamentais na praia das Catedrais”.
O alcalde ribadense subliñou que “este é un primeiro paso neste primeiro ano de goberno, pero evidentemente xa estamos traballando en distintas liñas porque son fundamentais, tanto un paseo, é dicir todo ese pulmón que debemos aproveitar desde un punto de vista medioambiental, tamén o aparcadoiro, que é fundamental para a xestión da circulación, e tamén seguir na liña de crear espazos naturais, de conservar todo un medio natural, que é tan importante nos tempos que corren”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



