Ameijide: “Como pensan PSOE e BNG asentar poboación se non fan nada por impulsar os polígonos e por crear emprego, máis ben loitan contra iso, como a Vicepresidenta do Goberno”
Venres, 23 de agosto de 2024. Os deputados provinciais do Grupo Popular, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, realizaron unha revisión de varias das zonas da provincia nas que a Deputación de Lugo debería de crear polígonos industriais, espazos comprometidos con varios concellos trala sinatura de varios convenios.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, recorda “a enorme necesidade” que temos na provincia de Lugo de favorecer o asentamento de novas industrias e axudar ás existentes a medrar para acadar o crecemento económicos e asentamento de poboación.
Obxectivos que semella non lles interesan nin a PSOE nin a BNG na Deputación de Lugo xa que seguen negándose a asumir os compromisos adquiridos para construír os polígonos industriais xa comprometidos nos diferentes concellos da provincia, como son os casos de Baralla, A Fonsagrada, Riotorto ou Triacastela, entre outros.
“O impulso de iniciativas empresariais e a creación de emprego son clave para o asentamento da poboación na provincia e para isto é necesario dispoñer de solo industrial no que asentar empresas ou permitir o traslado ou ampliación das súas instalacións das empresas xa existentes que o precisen, unha tarefa na que o goberno provincial pode facer moito máis do que está a facer”, sinalou.
E mentres non se constrúen estes espazos industriais, o goberno provincial ignora o cumprimento das súas obrigas legais como son o mantemento das súas propiedades e, neste caso, “néganse a limpar estas parcelas, incumprindo así a lei de prevención de incendios forestais”.
Un exemplo desta abandono atopámolo en Baralla. “As parcelas levan anos sen limparse. Había un compromiso con este municipio, cos seus veciños e con toda a comarca para crear industria, emprego e riqueza e o único que lles aportaron PSOE e BNG non é máis que unha selva”, denunciou.
Ante esta situación, Antonio Ameijide pregunta a José Tomé “con que cara se lle esixe dende a Deputación a un particular que manteña as súas propiedades nunhas condicións mínimas mentres PSOE e BNG non fan o que esixen aos demais”.
Unha realidade que, por desgraza, é extensible ao resto de polígonos comprometidos.
SITUACIÓN DOS POLÍGONOS COMPROMETIDOS NA PROVINCIA
Dende o goberno provincial levan varios anos “sen ter o papel relevante que debería ter en canto ao impulso industrial e de xeración de emprego” xa que José Tomé, o PSOE e o BNG “non lle deron a importancia que merecen ás iniciativas que pretenden dotar de solo industrial ao territorio para favorecer o desenvolvemento industrial e económico e a calidade de vida dos veciños”.
Unha situación que os deputados do Grupo Provincial Popular tenta reverter, algo para o que xa defenderon no pleno varias iniciativas para que a Deputación de Lugo leve a cabo un plan de impulso dos polígonos industriais da súa titularidade na provincia con campañas de captación de investimentos a través da busca activa de empresas e emprendedores para o seu asentamento nestas áreas, o estudo de posibles bonificacións do prezo ou outros incentivos para a venda e, todo, en colaboración con outras entidades locais.
Cómpre recordar que na actualidade dos 29 polígonos comprometidos, unicamente
8 son unha realidade, mentres 21 municipio seguen agardando por estes necesarios espazos industriais.
Ademais, nos polígonos xa concluídos hai máis de 100 parcelas en venda dende hai moitos meses polo que “é necesario promocionalas e incluso dar bonificacións para que realmente sexan interesantes e así favorecer o asentamento empresarial”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



