Lugo, 23 de agosto de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora xunto ao Concello de Barreiros coa organización das festas do San Bartolo, que se celebran do 23 ao 25 de agosto. O deputado da Mocidade Daniel García presentou, xunto a representantes da corporación local, Antonio Veiga e Montse Porteiro, e da comisión organizadora, David Becerra, Antía Gómez, Rubén Fernández e Jesús Caserio, o programa desta celebración que comeza hoxe, venres, no concello mariñán.
A través do programa Xunt@s polo serán a Vicepresidencia provincial achega o domingo 25 a charanga Mekanika Rolling Band, que completa o programa musical e de actividades proposto para a fin de semana.
García agradeceu “a dedicación das persoas que forman parte da comisión, que fan posible a celebración das festas, un espazo de encontro que reforza os lazos entre a veciñanza” e encadrou a colaboración “no apoio que a Vicepresidencia provincial proporciona ao tecido asociativo, poñendo á súa disposición distintas programacións dirixidas a impulsar a presenza da música tradicional, da animación de rúa e da música en galego en citas festivas e culturais por todas as comarcas”.
O programa Xunt@s polo serán é unha iniciativa de natureza cultural e festiva que serve de paraugas para articular unha axenda de actuacións de música, danza, maxia, circo e obradoiros polos diferentes concellos e comarcas, contribuíndo a ampliar a actividade cultural en todo o territorio.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



