“A achega da Xunta de Galicia é insuficiente, xa que aporta 12 euros por hora na modalidade de dependencia, cando a o custo é de 21 euros, e nin un só euro na modalidade de libre concurrencia”, afirma a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 19 de setembro de 2024. A Mesa de Contratación do Concello de Viveiro acordou propoñer á empresa Idades SL como adxudicataria do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nas súas dúas modalidades de libre concorrencia e dependencia.
Este novo contrato, que ten un prazo inicial de dous anos con posibilidade de prórroga de dous anos máis, permitirá continuar prestando un servizo esencial que conta cun elevado número de usuarios, en torno aos 250.
O custo por hora previsto na licitación é de 20,39 euros por hora, máis o 4% de IVE, polo que a suma total do contrato no prazo inicial do mesmo é de 3.520.129,60 euros.
“É importante destacar a importancia da Axuda no Fogar e sinalar que a achega da Xunta de Galicia é insuficiente, xa que aporta 12 euros por hora na modalidade de dependencia, cando o custo por hora no contrato é de 21, e nin un só euro na modalidade de libre concurrencia”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Nese sentido, considera necesario “que a Xunta de Galicia asuma o total do custo en dependencia, ao ser unha competencia autonómica, e aporte cartos para a modalidade de libre concurrencia”.
No caso do SAF de libre concurrencia, no ano 2023 tivo un coste de 402.653,35 euros, dos que a Xunta de Galicia non achegou nada.
“Este importe pagouse integramente entre fondos propios do concello, a achega mínima que fan os usuarios do servizo e os 200.000 euros que achega a Deputación de Lugo”, explica a alcaldesa.
A Deputación de Lugo achega esta cantidade de 200.000 euros a través do Plan Deputación e ademais, neste ano 2024, asinouse co ente provincial un convenio por importe de 132.000 euros para o SAF de libre concurrencia.
“Uns cartos da Deputación que poderiamos destinar a outras necesidades do concello se a Xunta asumise as súas competencias en materia de benestar social, en vez de trasladarlle esta responsabilidade aos concellos”, engade Loureiro.
A Deputación de Lugo aporta polo tanto unha parte importante para este servizo, mentres que por parte da Xunta de Galicia non se concede ningún tipo de axuda para SAF de libre concurrencia, colaborando unicamente co SAF de dependencia.
Durante a tramitación deste procedemento de contratación, o concello garantiu a prestación deste servizo tan importante e prioritario, xa que o SAF mira polo benestar básico das persoas con vulnerabilidade, sendo polo tanto unha piar fundamental para o concello.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



