A Consellería do Mar remitiu á Comisión un escrito no que se recollen aportacións no proceso de consulta pública do proceso de revisión da PPC en liña co acordado por unanimidade no Consello Galego de Pesca do ano 2022
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro de traballo coa presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Crespo, no que reclamou un maior protagonismo de Galicia, como principal rexión pesqueira de Europa, no deseño e desenvolvemento da política pesqueira comunitaria. Nesta liña, puxo en valor a experiencia acumulada da administración autonómica e o modelo de xestión galego baseado na cogobernanza co propio sector como fórmula de éxito.
O titular de Mar trasladou á tamén eurodiputada española as principais demandas do sector pesqueiro galego como a reforma da Política Pesqueira Común (PPC), unha mellor xestión das posibilidades de pesca nos caladoiros comunitarios baseados nos mellores informes científicos ou medidas que permitan atallar a competencia desleal de terceiros países e que permitan avanzar no level playing field. Así, manifestou que a frota galega é referente internacional en boas prácticas e sustentabilidade polo que puxo de manifesto a importancia de que a lexislación non permita a entrada no mercado europeo de produtos doutros Estados con lexislacións moito máis laxas no que respecto ao medio ambiente.
Outro dos asuntos que estivo enriba da mesa foi o veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias e que foi recorrido pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela en conxunto con 16 compañías afectadas. Un proceso no que a Xunta participa como coadxuvante da parte demandante polo impacto negativo desta decisión que afecta directamente a 200 embarcacións e indirectamente a outras 946 de artes menores. O conselleiro reiterou que este asunto deixa en evidencia a necesidade de que a actuación da Comisión no ámbito pesqueiro debe de ser equilibrada e ponderar factores económicos e sociais ademais do ambiental.
Comisario de Pesca
A presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Crespo, puxo en valor o anuncio da presidenta do Executivo comunitario, Úrsula von der Leyen, de crear unha carteira propia de Pesca o que entende que marca un novo ciclo para a pesca europea. Deste xeito, sinalou a importancia que ten a pesca na diversificación das economías costeiras e a necesidade de dar un xiro á política pesqueira da Unión dos últimos anos para que tamén responda aos factores socioeconómicos e non só ao ambiental. Algo que agarda trasladar á persoa designada para ocupar esta responsabilidade nas vindeiras semanas cando se someta ao procedemento de idoneidade na Comisión de Pesca da Eurocámara.
Alfonso Villares compartiu a valoración de Crespo, a quen situou como nova aliada da pesca galega en Bruxelas, e destacou que esa nova composición da Comisión brindará maiores posibilidades de artellar solucións especificas e eficaces aos desafíos aos que se enfronta a industria pesqueira. Tamén recordou que era algo moi demandado polo propia cadea mar-industria e que deixa de manifesto a importancia estratéxica deste sector primario, tanto no ámbito económico como instrumento para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa.
Propostas galegas
O conselleiro do Mar compartiu coa representante comunitaria as propostas galegas no ámbito pesqueiro e que foron remitidas nas últimas semanas a Bruxelas en dous documentos. Por un lado, na resposta á Comunicación da Comisión Europea sobre Pesca Sostible remitida en xuño ao Parlamento Europeo e ao Consello e recentemente na resposta á consulta pública para a avaliación da PPC.
En ambos escritos o Goberno galego volveu a reivindicar a folla de ruta alcanzada por consenso no Consello Galego de Pesca do 2022 en cuxa elaboración participou o conxunto da cadea mar-industria. Un acordo que recolle a posición de Galicia en aspectos esenciais como a remuda xeracional, a sustentabilidade, a igualdade de condicións no seu desenvolvemento así como a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



