Os populares inciden en que “o bipartito non está a realizar os labores de control sobre os servizos externalizados de conserxería, limpeza e mantemento nas instalacións deportivas”; é dicir, “despreocúpase” e “non controla o gasto de diñeiro dos vilalbeses e vilalbesas”
Vilalba, 23 de outubro de 2024. Os concelleiros do PP de Vilalba comparten o malestar dos vilalbeses e vilalbesas ante a “ausencia total de xestión, preocupación e control” do goberno municipal en materia de deportes como evidencia “a falta de control de apertura e peche no pavillón municipal e o mal estado do terreo de xogo do estadio municipal da Magdalena”. Nese sentido, condenan “o abandono total das súas funcións” porque deriva “no descontrol dos cartos de todos os vilalbeses e vilalbesas”.
Os populares advirten que “a pasada semana o pavillón quedaba aberto e coas luces acendidas a medianoite despois dun partido de fútbol sala”. O Concello é o responsable do servizo de limpeza e conserxería das instalacións deportivas municipais que ten externalizado; pero “o goberno local non fai o debido seguimento da prestación deste servizo ao que dirixe diñeiro de tódolos vilalbeses”. Ademais, o feito de que ninguén peche ou apague as luces, supón outro gasto para as arcas municipais: o incremento da factura da luz de forma innecesaria.
O estado do estadio municipal da Magdalena é moi deficiente debido á falta dun mantemento adecuado do terreo de xogo, a pesar de que “o Concello dirixe 4.000 euros ao mes para o coidado da Magdalena, pero sen controlar os traballos”. E “iso impide que poida acoller distintas competicións”, é dicir, “Vilalba dispón dunha instalación deportiva que non se pode empregar”.
Os populares piden ao goberno local “tomar medidas” de forma inmediata porque “esta situación pode empeorar de cara ao inverno”. O club local -o Rácing Club Villalbés- terá que celebrar, por primeira vez, un dos seus encontros como local noutra localidade.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular esixen “máis control” por parte da concellería de deportes sobre os servizos de limpeza e conserxería, como teñen demandado noutras ocasións, e nos labores de mantemento do campo da Magdalena que permitan darlle uso en condicións de seguridade aos usuarios e usuarias.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



