Javier Castiñeira afirmou que “foi un día moi especial, tras tantos anos na sede da Avenida da Mariña” pero agora “estamos máis preto do corazón da vila e, como sempre, encantados de recibir a todo aquel que queira formar parte da gran familia do PP de Foz”
Foz, 11 de outubro de 2024. O PP de Foz inaugurou onte a súa nova sede, na rúa Álvaro Cunqueiro, unha nova etapa que “comezamos con moita ilusión e que, como as anteriores, ten as portas abertas a toda a veciñanza de Foz”.
Neste acto participaron o presidente do PP de Foz, Javier Castiñeira; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; o senador por Lugo, José Manuel Balseiro; o voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide; así como alcaldes da comarca e representantes e simpatizantes do PP.
Javier Castiñeira explicou que foi “un día moi especial, despois de tantos anos na sede da Avenida da Mariña”. “Agora achegámonos un pouco máis ao corazón de Foz, máis preto da casa do Concello, que agardamos sexa un sinal de que o PP volverá a estar na alcaldía de Foz para poder dar a todos os veciños do municipio uns servizos de calidade, como os que merecen”, sinalou.
Javier Castiñeira destacou en que “o PP de Foz é unha gran familia, que sempre ten as portas abertas a todo aquel que queira formar parte dela, polo que convidamos a calquera focego a achegarse a esta nova sede para aportar ideas, denunciar calquera inxustiza ou simplemente traballar para que Foz mellore día a día”.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



