A CIG fai un chamado a intensificar a mobilización e implicar a toda a comarca na defensa dun futuro industrial e con emprego
San Cibrao, a 22 de outubro de 2024. O 100% do persoal de Edyproga secundou este martes a folga de unha hora convocada en resposta ao despedimento de seis traballadores. Coincidindo co paro laboral, que ten carácter indefinido, o persoal desta auxiliar de Alcoa saíu ás 7 de mañá en manifestación dende o restaurante Sierra até a porta da factoría para exixirlle á multinacional que execute os investimentos e cumpra co plan de viabilidade.
Na protesta, o persoal estivo arroupado por numerosos compañeiros e compañeiras doutras contratas -que tamén ven como a continuidade dos seus postos de traballo está ameazada pola drástica redución do volume de gasto en investimento de Alcoa-, polos delegados/as da CIG na principal e polo propio secretario xeral da CIG, Paulo Carril.
A CIG denuncia que a realidade que busca Alcoa para o complexo de San Cibrao ten como primeiro damnificado ao persoal da industria auxiliar e advirte que os despedimentos en Edyproga son a punta dunha crise nas contratas ante a proximidade do remate das garantías de emprego, a falta de carga de traballo e o incumprimento reiterado do acordo asinado en decembro de 2021, que incluía compromisos clave para garantir o futuro da factoría.
Neste contexto de incerteza, a CIG chama a intensificar a mobilización conxugando as protestas xa convocadas na industria auxiliar e na principal, de cara a organizar unha resposta masiva e unitaria para frear os plans de desmantelamento de Alcoa. A central nacionalista apela a traballar até conseguir implicar a toda a comarca na defensa dun futuro con industria e con emprego, tal e como se fixo en 2020 despois da presentación do ERE, cando baixo a consigna “A Mariña sálvase loitando”, a mobilización social logrou parar os plans de peche de Alcoa e obrigou as distintas administracións a ter un papel activo no conflito.
Alcoa ten que cumprir co acordo
En relación ao anuncio de Alcoa do acordo coa empresa IGNIS, o responsábel da CIG-Industria na Mariña, Unai Donoso, sinala que “para nós este acordo non é positivo mentres non se acometan e executen os investimentos comprometidos e o plan de viabilidade”. Donoso insiste en que Alcoa debe garantir a continuidade de todos e cada un dos postos de traballo, tanto da fábrica principal como nas empresas auxiliares, nas que xa hai compañeiros/as despedidos como os de Edyproga, e novas ameazas de despedimentos pola falta de carga de traballo.
Para a CIG a viabilidade da fábrica pasa pola execución inmediata dos investimentos recollidos no acordo de 2021 “e por un plan sólido que non só beneficie á Alcoa, senón que tamén garanta o emprego e o futuro das preto de 2.000 familias que dependen directamente do complexo industrial”.
A este respecto, Donoso reitera que a venda parcial da planta a IGNIS non será positiva mentres non se materialicen os investimentos -incluíndo o proxecto do forno de cocción de ánodos- e se cumpran os prazos de rearranque; non estea garantida a continuidade de todos os postos de traballo, incluíndo os das empresas auxiliares; e que non se renegocie o acordo de viabilidade asinado, “que debe manterse para salvagardar os intereses e dereitos dos traballadores/as”.
Para a CIG, nestes momentos, Alcoa carece de credibilidade para sentar nunha mesa polo que reclama a implicación urxente das administracións “para conseguir que se garantan as medidas comprometidas” e, de ser necesario, que se proceda á intervención da planta. Nesta liña, a central reivindica que calquera xuntanza para explicar este novo plan de Alcoa se dea no marco da mesa de seguimento ou, en calquera caso, en presenza do Goberno estatal e galego que deben velar pola continuidade industrial e dos postos de traballo.



















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



