A federación, fundada no 2024 polas tres federacións provincias, conta con preto de 13.000 afiliados entre empresas e traballadores e representa a unha frota de máis de 5.400 embarcacións
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o diálogo e colaboración entre o Goberno galego e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores con piar do modelo de cogobernanza nas políticas pesqueiras de Galicia. Así o manifestou na clausura do acto polo vixésimo aniversario da entidade á cal felicitou polas dúas décadas ao servizo do sector do mar, defendendo e velando polo interese xeral dos pósitos galegos que constitúen os cimentos sobre os que se sustenta a actividade pesqueira da comunidade.
O titular de Mar situou á federación como o máximo representante dos profesionais do mar en Galicia e enxalzou o papel do sector no ámbito económico como un dos motores económicos e de creación de emprego e no ámbito da seguridade alimentaria proporcionando alimentos de calidade e nas mellores condicións. Uns produtos, destacou, cuxo consumo ten un gran impacto en termos de saúde pública debido as súas excepcionais propiedades nutritivas.
Nesta liña, o responsable autonómico recordou que a Xunta xunto co sector, e “a pesar dos atrancos dalgúns”, sacou adiante a Lei do Litoral, unha norma pioneira, que “puxo negro sobre branco” o carácter “estratéxico e prioritario” da actividade pesqueira para o desenvolvemento sostible da costa galega. Un papel, dixo, gañado por méritos propios e que reflicte novamente o compromiso do Goberno autonómico cun sector referente e líder no ámbito europeo e mundial.
A voz do sector
A Federación Galega de Confrarías de Pescadores foi fundada no ano 2004 por iniciativa das tres federacións provinciais co obxectivo de aglutinar a representación do sector nunha soa entidade. Con preto de 13.000 afiliados, entre empresas e traballadores, aglutina abarcando todos os subsectores da pesca, destacando especialmente o marisqueo e a pesca de baixura e artesanal, sumando unha frota de máis de 5.400 embarcacións.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



