A alcaldesa pon en valor o traballo e a profesionalidade dos efectivos do GES e insiste na idea de que quere manter o servizo, pero advirte que, nas condicións actuais, é inviable para un pequeno municipio, en especial, cando ten que asumir a carga de traballo dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros en situación de inactividade efectiva
Cervo, 29 de novembro de 2024. A alcaldesa, Dolores García Caramés, vén de remitir por segunda vez un escrito á Deputación de Lugo no que reclama que, como administración competente no ámbito da protección civil, se implique nunha solución para que o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) con base en Cervo, e operatividade en toda a comarca, poida continuar coa prestación deste servizo público en termos de eficiencia, seguridade e saúde laboral.
A alcaldesa pon en valor o traballo e a profesionalidade dos efectivos do GES, pero advirte á Deputación que, nas condicións actuais, manter este servizo é inviable desde o punto de vista técnico e económico para un pequeno municipio como Cervo, en especial, cando ten que asumir gran parte da carga de traballo dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, en situación de práctica inactividade.
A xestión do GES vólvese especialmente complicada nos períodos de vacacións e baixas laborais dos seus membros, ata o punto que a Alcaldía se viu obrigada a prohibir aos seus efectivos acudir a saídas de emerxencia cando se atope de servizo tan só un membro do equipo. Polas características especiais das actuacións que se executan por parte dos traballadores do GES, resulta necesario que nas mesmas participen como mínimo tres efectivos, para dar cumprimento á lei de riscos laborais RPRL. Co persoal habitualmente dispoñible resulta en moitos casos imposible o cumprimento destas ratios.
Neste momento forman parte do GES de Cervo, sumadas as diferentes quendas, 12 profesionais: un cabo e once efectivos integrados no cadro de persoal como traballadores municipais. Con este número de empregados, as baixas laborais, as vacacións e os demais permisos resulta imposible garantir dous efectivos os 365 días as 24 horas do día, tal e como establece o convenio. A alcaldesa insiste en que só a implicación destes profesionais e o sobre-esforzo económico que realiza o concello fai posible manter este servizo durante os últimos anos. Ademais a situación provocada basicamente pola escaseza de persoal deu lugar a reclamacións laborais e incluso xudiciais.
Demanda no Pleno municipal
García Caramés avanza tamén que, xunto ao escrito remitido, formalizará esta demanda á Deputación no Pleno municipal previsto para o vindeiro mércores, co obxecto de que todos os grupos da Corporación poidan chegar a un acordo que leve á administración provincial a implicarse, estudar e executar unha solución aos problemas descritos con anterioridade. Lembra que está obrigada porque son as deputacións as que, para concellos menores de 20.000 habitantes -Cervo non supera os 4.200- teñen a competencia sobre os servizos de protección civil e xestión de emerxencias.
Máis da metade das intervencións fóra de Cervo, superan todos os rexistros
A realidade é que o GES de Cervo ten unha intensa actividade: 601 intervencións en 2021, 669 en 2022 e 766 en 2023 e, ata o 28 de novembro xa se contabilizan 891, isto é 125 actuacións máis que no anterior período. Entre elas, asistencias a accidentes de tráfico, conatos de incendios e outras emerxencias.
Dáse a circunstancia que a maior parte das intervencións son fóra do termo municipal. De feito, aínda que o seu ámbito de actuación se cingue á Mariña occidental, este último ano actuou en situacións de emerxencias acontecidas en puntos distantes da súa base como consecuencia do peche dos parques de bombeiros da comarca.
A alcaldesa conclúe insistindo na idea de que Cervo quere seguir mantendo este importantísimo servizo, pero sempre en termos de eficiencia, seguridade e saúde laboral tanto para os traballadores como para as persoas ás que asisten.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



