A programación comeza o luns cunha concentración e a celebración do acto central ás 20:30 horas e neste ano pon o foco na educación e formación como prioridade para a prevención da violencia machista
Viveiro, 23 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra As Mulleres. Os actos comezarán o luns 25 de novembro cunha concentración ás 12:00 horas na que se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista.
Posteriormente, ás 20:30 horas terá lugar o acto central na Praza Maior do concello, no que se procederá á lectura dos Manifestos e se acenderá unha candea por cada muller asasinada no último ano. Asemade, ao longo da tarde do 25N o Grupo de Participación Xuvenil desenvolverá a acción comunitaria “Di Stop á Violencia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de dotar de recursos á xuventude para combater a violencia contra as mulleres”. “É vital formar á rapazada para inculcar bos hábitos e ferramentas para detectar posibles casos de violencia en todos os sectores da sociedade.
Dende Viveiro seguiremos traballando porque ‘Nin unha máis, nin unha menos’”, subliñou a alcaldesa.
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega tamén incidiu na “importancia de tecer redes cos centros educativos para levar ás aulas actividades formativas de prevención”.
O programa do 25N continuará o 2 de decembro con CINE FORO, espazo no que se proxectará o documental “En deuda con todas”, unha produción que achega a realidade de mulleres doutros continentes e que busca visibilizar a vulneración de dereitos fundamentais que sofren as mulleres no mundo. Dende o Concello de Viveiro agradecen ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade esta iniciativa que terá lugar na sala multiusos do concello.
Ademais, ao longo das vindeiras semanas, o Concello impulsa actividades formativas nos centros de ensino de secundaria do municipio.
Así, desenvolveranse dous obradoiros -“Previr a violencia e o acoso por homofobia” e “Prevención do suicidio na adolescencia como consecuencia das violencias ou acoso”- e unha charla -“Agresións sexuais e violencia sexual”-.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



