Viveiro, 14 de novembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Obras e Comercio do Concello de Viveiro, lideradas por Míriam Bermúdez García e Iria Cotelo, respectivamente, anunciaron a finalización de importantes actuacións no Polígono Industrial de Landrove.
O proxecto de “Mellora de Eficiencia Enerxética en Instalación de Alumeado Público”, financiado ao 80% pola Xunta de Galicia, cun investimento total de 30.108,30 € (IVE incluído), incluíu o suministro e a instalación de 52 luminarias LED de alta eficiencia, así como a modernización dos báculos metálicos de 9 metros de altura, logrando un aforro enerxético e unha iluminación máis eficiente.
A concesión da subvención foi comunicada ao Concello o pasado 1 de novembro con prazo de execución e xustificación antes do 15 de novembro.
Ademais, como parte da aposta do Concello por mellorar o Polígono Industrial de Landrove e atender eivas necesarias, a Tenencia de Alcaldía impulsou un proxecto adicional de mellora da sinalización viaria. Estes traballos incluíron o repintado de pasos de peóns e a instalación de sinais viarias de ceda ao paso e stop, utilizando pintura de alta visibilidade con microesferas de vidro, para reforzar a seguridade nas vías internas do polígono.
A tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez, destacou: “Queremos asegurar que o Polígono de Landrove conte cunha sinalización moderna que facilite a circulación segura e ordenada, promovendo un ambiente de traballo máis seguro para todas as persoas que acceden á zona”. Iria Cotelo subliñou que “a mellora da iluminación e da sinalización reforzou a competitividade do polígono industrial, facendo del un espazo máis eficiente e seguro para a actividade empresarial”.
Por outra parte, comunicar que queda pendente a reposición de 600 metros de cable que foron roubados, o que provocou que unha das rúas do polígono permaneza ás escuras. Estamos a traballar para coordinar os traballos necesarios na maior brevidade posible e restablecer a iluminación nesta área afectada.
Estas actuacións enmárcanse dentro do plan para manter e mellorar as infraestruturas municipais, consolidando o Polígono Industrial de Landrove como un espazo eficiente, moderno e seguro tanto para empresas como para persoas usuarias.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



