Ribadeo, 9 de decembro, 2024. Como xa se ten informado, o pasado dia 26 de novembro un grupo de veciñas s e veciños de Ribadeo decidiu constituirse na Plataforma para a Defensa das Arbores da Vila e do Concello diante das repetidas cortas que se viñeron producindo nos últimos meses.
Nas xuntanzas deste colectivo decidiuse pedir unha entrevista ao Sr. Alcalde e convocar unha concentración veciñal para deixar constancia do malestar existente na sociedade ribadense.
Á concentración malia o tempo moi desapacible asistiron como mínimo unhas duascentas persoas.
“Da entrevista co Sr. Alcalde que se celebrou o mesmo martes ás nove da mañan e a que asistimos seis persoas imos dar conta de seguido, se ben adiantamos que non é doado, por ser unha entrevista que non tivo unha liña regular, con participación de todas e todos os asistentes e numerosos comentarios e valoracións personais de difícil comunicación”.
“Os aspectos que queremos suliñar da devandita entrevista son os seguintes”:
1º “Según o Sr. Alcalde as cortas de árbores no Colexio Público foron realizadas tras un informe técnico por unha empresa acreditada. Deixando aparte que se alude á suposta infalibilidade dos técnicos cando non hai outros argumentos, debemos suliñar que o devandito informe – que xa coñecímos uns días antes por unha via paralela – foi redactado pola mesma empresa que despois fixo a corta ordeada pola alcaldía. Como non queremos entrar en insinuacións nen suspicacias so diremos que este procedimento de contratación entra no que se chama un clarísimo conflicto de intereses e que neste contexto os ínformes técnicos quedan autodescalificados sen entrar sequera a leelos como pode entender calquer estudante de segundo de primaria. Pola outra banda temos acreditado con documentos oficiais que as que datas que figuran nalgún destes informes son posteriores ás cortas realizadas no colexio”.
2º “O Sr. Alcalde repetiu ata a saciedade as accións e omisións dos gobernos anteriores, insinuado que a nosa plataforma podería ter algunha relación cos partidos políticos ou persoas de gobernos anteriores, Temos particular interés por suliñar que esta é unha insidia política e que esta plataforma non ten a mais mínima relación con nengún grupo ou partido político real ou imaxinario”.
“3º A pregunta directa de se existe un proxecto de reformas no campo de Sta. Maria e no Parque Municipal que suporían a corta de mais árbores o Sr. Alcalde manifestou que non existía tal proxecto. Sin embargo ao día seguinte atopamos tres declaracións á prensa e radio do Sr. Alcalde dos últimos meses nas que afirma que se van realizar reformas nos parques sen concretar. Diante de esta contradicción, que nos abstemos de calificar, estaremos á espreita de calquer movemento na liña de novas cortas de árbores e esiximos que se publiquen eses proxectos e non se actúe por sorpresa ás sete da mañan como veu sucedendo. Asemade preguntóuselle ao Sr Alcalde sobre un suposto proxecto de cortar as sete arbores que existen enfronte das vivendas sociais, na rua Clemente Martinez Pasarón e respostou que existía ese proxecto, que se iban suprimir os colectores de lixo subterráneos por motivos “técnicos” e que non se iban cortar as arbores pero non presentou o proxecto nen prometeu presentalo ao público”.
“Nos próximos días anunciaremos un acto público para informar e debater sobre este asunto e anunciamos que seguiremos loitando por evitar que se produzan mais cortas de árbores inxustificadas no concello de Ribadeo e que se publiquen os proxectos de obras que podan afectar ao benestar, a calidade de vida da veciñanza e á imaxe de un Ribadeo verde, moderno e humanitario”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



