O apoio enmárcase no Plan específico de acción comunitaria, dotado este exercicio con 3 millóns de euros e que incrementa o seu orzamento nun millón para 2025
Vilalba, 2 de decembro de 2024. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións das asociacións veciñais Nosa Señora das Angustias de Soexo e San Simón, onde comprobou as melloras feitas co apoio da Xunta. O Goberno galego colaborou nas obras con respectivas achegas de 12.000 euros no marco do Plan específico de acción comunitaria, que este ano beneficiou na provincia de Lugo máis de 30 colectivos con contías que suman preto de 270.000 euros.
No caso da nosa Señora das Angustias de Soexo as obras permitiron mellorar a climatización e o aforro enerxético, así como a accesibilidade da casa-escola. Nesta liña, instalouse unha estufa de pellets e adaptouse o baño para ser utilizado por persoas con mobilidade reducida. A maiores, pintouse o interior e o exterior do local.
Pola súa banda, a asociación San Simón mellorou tamén a accesibilidade da súa casa-escola, coa adaptación dos baños para persoas con mobilidade reducida, instalando unha rampla e barras adaptadas, ademais de cambiar as pezas para facelas tamén accesibles. Tamén se reparou a balaustrada do edificio e se instalou unha fosa séptica.
Segundo sinalou a directora xeral, o obxectivo das medidas é garantir o benestar das persoas usuarias no desenvolvemento das múltiples actividades organizadas por estas entidades, “fundamentais para a dinamización da vida social e cultural da veciñanza”.
Estes dous colectivos forman parte das 341 entidades beneficiarias dos 3 millóns de euros concedidos este exercicio a entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas de Galicia. Durante a visita, Natalia Prieto sinalou que o compromiso da Xunta con asociacionismo local fai que o vindeiro ano se incremente o orzamento da medida nun 33,3% ata os 4 millóns de euros. “Trátase así de darlle resposta ao éxito destas axudas nos últimos anos e á elevada demanda”, segundo apuntou a directora xeral. “Queremos tamén recoñecer o papel fundamental destas entidades na calidade de vida na contorna local”, engadiu.
Apoio para obras e equipamento
Cómpre lembrar que estas axudas contan con dúas liñas, unha delas cunha achega máxima de 12.000 euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais de asociacións de veciños e de mulleres rurais, con actuacións como a eliminación de barreiras arquitectónicas ou melloras en estruturas, fachadas, cubertas, parámetros interiores, ventás, teitos ou obras de fontanería, saneamento ou electricidade.
Ademais, con estas axudas nas infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas actúase en obras sobre captacións, canalizacións e depósitos destinadas a reducir as perdas de auga e noutros traballos cos que mellorar a xestión, medición ou control da calidade da auga ou optimizar a eficiencia enerxética na traída de augas.
A outra liña vai destinada cun máximo de 5.000 euros á dotación de equipamento para o funcionamento destas entidades e a organización de actividades específicas, o que inclúe a adquisición de mobiliario, equipamento informático, audiovisual ou sistemas de climatización.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



