O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, enmarca a actuación “no forte impulso que lle está a dar o Goberno galego á modernización dos centros educativos da provincia”
Lugo, 20 de decembro de 2024. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP finalizou as obras de rehabilitación integral do CEIP de Riotorto, ás que destinou un orzamento de 530.000 euros.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto de inauguración organizado polo centro, onde enmarcou esta actuación “no forte impulso que lle está a dar a Xunta á modernización dos colexios e institutos da provincia”.
“Con estas obras as instalacións educativas non só incrementan a eficiencia enerxética, senón que tamén gañan en confort e funcionalidade para responder mellor ás necesidades do día a día”, apuntou.
Con respecto ás actuacións realizadas no CEIP Riotorto, orientáronse principalmente a reducir o consumo enerxético. Para iso acometeuse o illamento da fachada con sistema tipo SATE, a substitución da caldeira de gasóleo por unha de biomasa e a renovación das carpintarías da planta baixa -incluíndo persianas e caixas de persianas- para reducir a permeabilidade do aire.
Así mesmo, no interior instaláronse luminarias LED con regulación lumínica en aulas e detectores de presenza en zonas comúns e aseos; e colocáronse falsos teitos con illamento acústico en distintas dependencias, entre outras medidas.
Tamén se levaron a cabo outras tarefas, como a substitución do lucernario de policarbonato ondulado que se atopa entre o colexio e o polideportivo por un de policarbonato compacto, a reparación de zonas puntuais da cuberta e do revestimento das paredes, ou o cambio dos canlóns e baixantes de augas pluviais, para unilos ao saneamento existente. Así mesmo, pintouse o interior do colexio, entre outras accións.
Arias apuntou que todas estas melloras prográmanse no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta. Dentro deste programa, neste curso realízanse melloras en 112 centros educativos da provincia por importe de 7,2 M€, que se atopan en distintas fases de execución.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



