Poderase visitar durante estas festas na Casa do Mar, en San Cibrao.

A actividade está organizada polo Centro Deportivo Nova Saúde e conta coa colaboración do Concello de Cariño. O programa desenvolverase en dúas quendas: a sesión de defensa persoal terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, mentres que a de jiu-jitsu impartirase pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas. Ambas as formacións están dirixidas a público adulto, masculino e feminino, e tamén a menores. As clases estarán a cargo de Bernardo Romay, 8.º Dan e Mestre Adestrador Nacional de judo, jiu-jitsu e defensa persoal. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 40 50 64.
Os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial situado en Viladaíde. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.
Será este venres, 2 de maio, ás 23 horas na Disocteca Rosalar coa actuación do grupo Sintético Fantástico.
Na súa terceira edición, esta actividade proponnos o estudo do funcionamento dos grupos e organizacións desde o punto de vista da psicoloxía social, organizacional e mesmo deportiva. Trataranse diversos temas como a obediencia á autoridade, a conformidade social, a xestión de recursos humanos dentro dun grupo/organización, os distintos tipos de liderado, etc. Estará impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo especialista en rendemento deportivo. Realizarase online ou presencial, do 5 ao 14 de maio, de 17:00 a 19:00 horas. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/44577&codigo=PDLGY
Os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial situado en Vilar (Ribadeo), cando a persoa investigada foi sorprendida ao abandonar o lugar sen abonar varios produtos que levaba ocultos entre as súas pertenzas. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial
Informarase da nova data de celebración.
Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz. Fixeron dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias. O xantar tivo lugar no Parador de Turismo e os coches estiveron aparcados no Parque de San Francisco. O rexedor subliñou que "estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital