Ribadeo, 10 de decembro de 2024. Acisa Ribadeo lanza unha nova campaña de captación de socios, tras a súa recente remodelación, que se prolongará ao longo das vindeiras semanas. O colectivo empresarial sumou nove novos asociad@s no último ano e conta con preto de 170 negocios adheridos.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo: “gustaríame en nome da nosa directiva e xerencia darlles a todas e todos os novos socios publicamente a benvida á nosa asociación (By Hortensia, Mariscos Ribadeo, The Fisherman, Barallocas, Arrancadeira, Copacabana, O Lar de Carmiña, Pertejo e Multitienda Teresa) e aproveito tamén para animar aos negocios de Ribadeo: comerciantes, hostaleiros, industriais, servizos e autónomos, hoteis, etc, a que nos chamen para que os visitemos ou para que se acheguen ás nosas instalacións e lles expliquemos cara a cara todas as vantaxes que supón formar parte de Acisa. Aquí traballamos para dinamizar e potenciar a actividade económica de Ribadeo e para que iso repercuta no tecido empresarial. Non debemos esquecer que todo o empresariado é benvido, que todas as empresas, sexan do sector que sexan, teñen cabida na nosa entidade e que cantos mais sexamos mais poderemos facer por Ribadeo e pola nosa economía”.
O xerente, Jesús Pérez, insistiu en que “en Acisa atoparán todo tipo de asesoramento sobre subvencións, axudas, programas específicos ou cambios normativos. Os asociados e asociadas contan con materiais gratuítos para os seus negocios como poden ser bolsas para o comercio de tea e de papel e para a hostalería, tamén envases de comida para levar, vasos térmicos, mapas para hoteis, vasos de ocio nocturno, papel de regalo, material de rebaixas, cartelería oficial, etc… así como todo o referido ás múltiples e variadas campañas que organizamos ao longo de todo o ano. Ademais temos asinados hasta 12 convenios de colaboración beneficiosos para todos os nosos asociados, que tamén lles axudarán a aforrar custes, como poden ser en transportes, entidades bancarias, etc”.
Pérez Prada sinalou que “oo longo das vindeiras semanas faráselles chegar a diversos negocios, mediante mensaxes mail ou cartas físicas, toda a información do traballo que Acisa Ribadeo veu facendo neste ultimo ano para convencelos e que se dean de alta na nosa entidade que conta con 35 anos de vida. Calquera empresa interesada en obter máis información pode dirixirse á nosa oficina de luns a xoves de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 17:30 horas e os venres de 9:30 a 14:30 horas ou chamando por teléfono ao 663 39 62 26”.
Cruzado Iglesias engadiu: “estamos agora mesmo traballando nas campañas que se desenvolverán ao longo do ano que ven, como as de San Valentin, as do día do pai e da nai, pero haberá novidades de aquí ao verán co reparto de moitos premios entre a clientela dos negocios locais, xornadas gastronómicas…. Sen esquecer que non hai mellor momento para darse de alta que nesta temporada, na que temos en marcha a campaña de Nadal, na que lles ofrecemos aos nosos asociados e asociadas a posibilidade de premiar as compras ou consumicións dos seus clientes cos grandes premios da festa do comercio: unha viaxe a Mallorca, 6.000 euros en vales de compra e dúas xoias de alto valor. Sen esquecer, as bolsas que ofrecemos para este Nadal, así como as que se ofrecerán na campaña de rebaixas, o variado material para a hostalería”.
Pérez Prada engadiu que “neste 2024 vimos de realizar preto de 50 actividades, dende a entrega de materiais como xa citamos, sorteos de dinamización comercial, con diferentes premios, diferentes xornadas gastronómicas, cursos de formación, servizos dixitais, etc. Sen dubida creemos que en Acisa, a dia de hoxe, ofrece unha gran variedade de servizos beneficiosos para os seus membros, que o próximo 2025 ademais van ver ampliados e mellorados tras os cambios aprobados hai unhas semanas en asemblea xeral e o anuncio de novas subvencións á nosa entidade”.
A presidenta de Acisa anima “a todos os establecementos a darse de alta nestas datas para poder aproveitar xa a campaña de Nadal, e as próximas ao inicio do 2025, ademais a quen se dea alta en decembro, como promoción especial regalarémoslle a couta correspondente a este mes, poderá participar na campaña de Nadal, e comezará a pagar no vindeiro mes de xaneiro”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



