Os deputados provinciais, Antonio Ameijide, Demetrio Salgueiro, Clemente Iglesias e José María Fernández, comprobaron o estado das estradas provinciais nestes concellos xunto aos voceiros municipais de cada un deles, Mariña Gueimunde, Eugenia Requeijo e José Hermida, e veciños afectados
A Mariña, 5 de decembro de 2024. Segundo pasan os días tralo anuncio de José Tomé dun “ambicioso” plan de mellora da rede viaria provincial aparecen máis evidencias que deixan claro que “o plan anunciado polo presidente ten moitas carencias e pode ser calquera cousa menos ambicioso”.
Os deputados populares, Antonio Ameijide, Demetrio Salgueiro, Clemente Iglesias e José María Fernández, comprobaron “o nefasto” estado de conservación da rede viaria provincial en Viveiro, Muras e Ourol xunto a veciños aos voceiros populares nestes municipios, Mariña Gueimunde, Eugenia Requeijo e José Hermida, respectivamente.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que pese a que “PSOE e BNG falan dun plan ambicioso, nestes concellos vemos a proba máis evidente da falta de ambición e da ausencia de solución aos problemas que teñen os veciños da provincia”.
Unha situación ante a que os veciños desta comarca comezaron unha recollida de sinaturas para reclamar á Deputación o arranxo urxente das estradas provinciais que percorren os seus concellos xa que hai “unha necesidade moi importante de mellora de toda a rede de estradas”.
Un dos exemplos do mal estado da rede viaria nestes concellos e da falta de atención por parte do goberno provincial de PSOE e BNG é a estrada provincial LU-P-6502, que segundo o anunciado por Tomé se vai a arranxar, pero “unicamente se vai a actuar no 8% da estrada a pesar de que está desfeita na súa totalidade”.
Mostra da falta de ambición do plan de Tomé é que entre estes tres municipios unicamente se actuará en dúas estradas provinciais, destacando que no caso de Viveiro non se realizará tarefa algunha de mellora.
De feito, entre Viveiro, Muras e Ourol suman case 197 quilómetros de estradas provinciais (196.972 en total) e a realidade é que “o ambicioso plan de Tomé”, ironizou Ameijide contempla actuar en 9.55 quilómetros entre os tres municipios.
Unha evidencia máis do “mal plan” anunciado por Tomé é que, como xa explicaron dende o Grupo Provincial Popular, unicamente prevé actuar no 6% da rede provincial (en 280 dos 4.217 quilómetros da rede) e que “non investirá 27M€ como anunciou o presidente provincia, senón que quedará en 13M€, os mesmos que hai consignados nos orzamentos para o vindeiro ano e que, como xa denunciamos dende o Partido Popular, son insuficientes para realizar o mantemento da rede viaria”.
Neste senso, Antonio Ameijide recorda que “como fixemos ata agora durante todos estes anos seguiremos apoiando as reclamacións dos veciños en canto á necesidade de renovar a rede de estradas provincial que están nunha situación lamentable, intransitable e perigosa e non pararemos ata que volva a unha situación de normalidade para facilitar a mobilidade de todos os lucenses”, sentenciou.






















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



