Pídelle que escoite á cidadanía e advírtelle que xs galegxs non lle perdoarán que poña os intereses da multinacional por riba das súas vidas
Santiago de Compostela, 18 de decembro 2024. Desde 2009 Galiza perdeu 27.500 empregos e 2.875 empresas no sector industrial, unha desertización industrial á que o goberno do PP, incapaz de lograr proxectos de vangarda, ofrece como alternativa a contaminación e o espolio do territorio.
Así o denunciaba a portavoz nacional, Ana Pontón, na sesión de control: “Mentres outros gobernos logran proxectos de vangarda, tecnolóxicos e de futuro o seu goberno só ofrece a Galiza o espolio contaminante da macrominería e das megacelulosas que ninguén máis quere. De verdade pensa que o futuro industrial pasa por encher o País de eucaliptos?”, interpelaba a Rueda.
A líder do BNG considera que a cidadanía deu unha contundente resposta na manifestación histórica na que miles de galegos e de galegas “dixéronlle alto e claro ALTRI non, Galiza si; na que lle dixeron basta xa de arruinar o territorio e de poñer os intereses dunha multinacional por riba das súas vidas”. Unha cidadanía que está a defender o seu medio de vida ante unha bomba ambiental que se pode levar por diante até 8.000 empregos na terra e no mar.
Para exemplificar eses postos de traballo ameazados, Pontón mostrou produtos de excelente calidade de proxectos empresariais asentados nas comarcas afectadas, como o iogur ecolóxico que elabora unha cooperativa; o queixo dunha PEME de ecoturismo, a cosmética dunha empresa de mulleres ou unha lata de conserva de mexillón que representa todo o potencial produtivo da Ría de Arousa.
“Todo isto é o que vostede quere sacrificar en beneficio de ALTRI e por riba dándolle 250 M€ públicos, non se pode ser máis desleal con Galiza e a súa xente”, sentenciou Pontón, tras denunciar que o engano de Rueda que mentiu ao Parlamento e á cidadanía facendo pasar por biofábrica o que resultou ser unha macrocelulosa, “por iso ocultou o proxecto até despois das eleccións”.
Un engano que tamén se estende ós 2.500 postos de traballo publicitados, que despois se reduciron a 500 e que un informe do Consello da Cultura Galega cifra nun máximo de 281, “cada un deses supostos empregos custaría un millón de euros, os empregos máis caros da historia”, ironizou Pontón, “porque o que fai o seu goberno é discriminar as PEMES galegas para que unha multinacional portuguesa nos coloque aquí unha macrocelulosa que non queren en Portugal”.
Ante a incapacidade do Goberno de Rueda de atraer proxectos de futuro, de vangarda e sustentables, “nin sequera son capaces de ver o potencial que hai neste País”, -indicou sinalando os produtos que tiña sobre o escano-, colocan unha “alfombra vermella” a unha multinacional cun industria que nos leva ao pasado. “Son impulsores deste proxecto e xa teñen a decisión política tomada” denunciou.
Deslealdade imperdoable
“Isto dicían xa en marzo de 2024: ALTRI é un proxecto absolutamente redondo desde o punto de vista ambiental e da sustentabilidade”, citou textual Pontón, “non é unha decisión técnica, senón política que está tomada e requetomada”.
Pontón instou a Rueda a rectificar, pediulle que abandone a súa “soberbia e prepotencia” para escoitar aos milleiros de persoas que abarrotaron as rúas de Santiago este domingo, que escoite aos produtores de Galiza Calidade, á veciñanza das comarcas afectadas. “Porque mire, lembre ben o que lle vou dicir: os galegos e as galegas non lle van perdoar que poña ALTRI por riba das súa vidas, non lle van perdoar a súa deslealdade con este País e coa súa xente”, concluíu.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



