Lara Méndez considera “inaudito e vergoñento” que os concellos teñan que pagar polo uso dos terreos e asumir o seu mantemento mentres Portos cobra e pon trabas polo uso aos que non son do PP
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024. A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, esixiulle hoxe ao goberno galego que resolva a transferencia dos terreos de Portos que xa non teñen uso portuario a favor dos preto de 30 concellos afectados en toda Galicia. A responsable socialista criticou que o PP rexeitara hoxe a proposición non de Lei do PSdeG na que lle reclamou á Xunta que axilice os trámites para reverter a titularidade destes terreos que suman medio millón de metros cadrados.
A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que aproveite a transferencia da xestión do litoral a favor da Comunidade Autónoma para resolver as peticións dos concellos que agora “teñen que ir como churros, un tras outro”. Explicou que logo de anos paralizando a xestión e desatendendo á iniciativa socialista aprobada no Parlamento en 2020, o conselleiro do Mar tense reunido coa Fegamp recentemente e iniciaron o procedemento en Cangas, Vilanova, Foz, A Guarda ou Oleiros.
Advirte que “seguimos preocupados” logo de que o PP decidira hoxe volver a rexeitar esta iniciativa que previamente tiñan aprobado no Parlamento no ano 2020, e que deixaron sen atender ata que este mesmo ano reanudaron as xuntanzas coa Fegamp.
Inaudito e vergoñento
A responsable socialista tildou de “inaudito e vergoñento” que ao tempo que os concellos teñen que pagar, se vexan obrigados a asumir o mantemento duns terreos que son titularidade de Portos, que pola súa banda “ralentiza ou pon trabas” para que os concellos poidan facer uso destes terreos “cando non son do PP”.
Puxo como exemplo casos concretos como o de Cariño, que ten a Casa Consistorial en terreos portuarios, ou Foz, que ten que pagar case 100.000 euros ao ano pola ubicación da piscina municipal, a depuradora de augas ou polo uso dos terreos para a festa de Carnaval, a festa normanda ou as festas patronais.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



