O Pleno aprobou este martes unha proposta de Goberno para que o Executivo galego arquive os expedientes sancionadores abertos a Triacastela, Samos, Folgoso do Courel e Pedrafita do Cebreiro relacionadas coa cobertura da demanda de horas deste servizo
Lugo, 28 de xaneiro de 2025. A Deputación de Lugo esixiralle á Xunta de Galicia que retire as sancións aos concellos da provincia con problemas para cubrir a demanda do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e un novo plan de financiamento que garanta a prestación deste servizo. Así se acordou no Pleno ordinario do mes de xaneiro celebrado este martes tras unha proposta de Goberno que foi aprobada cos votos a favor do PSdeG e do BNG e cos votos en contra do PP.
Explicou o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, antes da sesión plenaria, que “a nosa proposta de Goberno é para dicirlle á Xunta que ten que facer xustamente o contrario do que está facendo”. Nese sentido, sinalou que os concellos asumen unha parte moi importante do custe do SAF e que a Xunta de Galicia o que debería é aumentar o que está pagando aos concellos para que poidan prestar este servizo. “Non creo que sexa a mellor maneira para axudar aos cidadáns, poñer castigos en vez de medios”, valorou o mandatario provincial.
Engadiu a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que “as deficiencias na xestión da rede de servizos sociais da Xunta, especialmente no que fai referencia á atención a dependencia, veñen xerando un crecente malestar”. Argumentou a Deputada que os atrasos de ata dous anos na prestación do servizo, a falta de prazas residenciais e, no que ten ver co SAF, “é un exemplo de deslealdade institucional e desprezo aos veciños e veciñas” ao poñer coas sancións aos concellos de Triacastela, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel “que poden chegar a supoñer multas de ata 20.000€ para as facendas locais”.
García Porto lamentou que xusto estes catro concellos teñen entre 600 e 1.200 habitantes dos que máis do 40% xa superaron os 65 anos. Unha circunstancia que obriga aos respectivos gobernos locais a facer un enorme esforzo económico para cubrir este servizo esencial. E a Xunta actúa neses casos “de mala fe e prefire sancionar en lugar de solucionar”, mentres dedica ao SAF só un 1% dos seus Orzamentos.
O texto da proposta recolle, ademais, instar á Xunta de Galicia que arquive os expedientes sancionadores abertos a estes concellos, que suspenda sine die a política de sancións aos concellos que non poden atender actualmente o incremento de demanda das horas do SAF e que abra un proceso de análise e negociación coa FEGAMP para modificar o financiamento deste servizo tendo en conta as necesidades dos concellos: subir de 12 a 20€ o prezo da hora pagado pola Xunta e incrementar os servizos de valoración da dependencia para reducir as listas de espera.
Reparación da LU-651 do Courel
O Pleno sacou tamén adiante unha moción dos socialistas para pedirlle á Xunta de Galicia que repare a estrada LU-651 do Courel e un plan integral de mellora para as vías de titularidade autonómica na provincia de Lugo. A iniciativa saíu adiante tras unha moción presentada polos socialistas e contou cos votos a favor do BNG e os votos en contra do PP.
Tomé Roca valoraba neste caso de “vergonza” “que o PP se dedique a criticar os baches dos demais, a tardanza do Goberno en facer os viadutos do Castro que xa están funcionando porque se construíron en tempo récord, e sen embargo ten a estrada do Courel desde fai tres anos sen tocar”. Explicou que ademais de ter por facer o tramo que se derrubou, o tramo que tiña que facer a Xunta desde hai máis de 15 anos entre Folgoso e Seoane para mellorar as comunicacións da Montaña lucense está “empantanado” mentres a Deputación si acometeu o treito que lle correspondía entre Pedrafita e Seoane.
García Porto explicaba durante o Pleno que en marzo do 2022 afundían 200 metros desta estrada LU-651 do Courel e dous anos e 10 meses despois a veciñanza continúa sen recuperar a conexión viaria, lamentando precisamente o “funambulismo político” do PP ao que aludía o Presidente para criticar ao Goberno do Estado e á Deputación polo mal estado e a falla de investimento na rede provincial de estradas “calando ante o esforzo orzamentario da institución provincial que se ten incrementado nun 42% ata os 27M€” e “sen mencionar o abandono da estrada de Folgoso do Courel”.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



