Os obxectivos dos mesmos son biolóxicos, ecolóxicos e socioeconómicos, co fin de asegurar a protección da biodiversidade e os ecosistemas mariños, así como a creación e mantemento de emprego
Ribadeo, 3 de xaneiro de 2025. A Xunta de Galicia pon en marcha 153 Plans de Xestión de Recursos Específicos e Algas en Galicia para o trienio 2025-2027, que se distribúen do seguinte xeito: 148 destinados ás confrarías de pescadores ou entidades asociativas do sector que se dedican ao percebe, aos solénidos, equinodermos, peneira, algas, anemones e poliquetos; e 5 para a empresas especializadas na transformación e na comercialización das algas.
Así o adiantou este vernes o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a visita realizada ao Centro de Cultivos Mariños (CIMA) de Ribadeo, onde explicou que, por provincias, 78 corresponden á de A Coruña, 15 á de Lugo e 57 á de Pontevedra. A estes hai que engadir outros 3 que teñen autorizada a recollida nun ámbito supraprovincial. Este plans atenden distintos obxectivos. En primeiro lugar, biolóxicos, que están relacionados co uso sustentable e a longo prazo dos recursos específicos e das algas. Ecolóxicos, nos que destaca a participación das persoas mariscadoras en actividades relacionadas coa protección da biodiversidade e ecosistemas mariños. Así, destaca a participación do sector na recollida del lixo. O 69% dos plans de xestión contemplan estas actividades, o que amosa o elevado grado de implicación do sector. Neste senso, estes instrumentos xestores tamén recollen actuacións de limpeza de algas ou elementos prexudiciais para o medio mariño que son necesarias para evitar efectos negativos nos recursos, e que, co Decreto 153/2019, poden realizarse todos os días do ano, requirindo só comunicación previa á administración.
E, en terceiro lugar, os obxectivos socioeconómicos, que están dirixidos á mellora dos ingresos e ao mantemento ou creación de emprego. Así, está prevista a incorporación de profesionais, o que contribuirá a consolidar os niveis de ocupación e a dinamizar a economía na costa galega.
Deste xeito, a previsión de incorporación de novos participantes para o ano 2025 é de 150 novos no marisqueo a pé, e de 38 embarcacións que pasarán a adquirir algunha das modalidades de recursos específicos no seu permiso de explotación así como se pode incrementar os participantes en 99 habilitacións. No marco do período 2022-2024 incorporáronse 80 na modalidade de a pé e 77 embarcacións adquiriron algunha das modalidades de recursos específicos no seu permiso de explotación.
Novidades nas zonas de explotación
As zonas marisqueiras mediante os plans de xestión conformarán unha rede planificada de zonas naturais, deseñada e xestionada para proporcionar un amplo abano de servizos ecosistémicos e protexer a biodiversidade, o que atende ao concepto de infraestrutura verde (azul no medio acuático). Ademais, recóllese a posibilidade de que en situacións extraordinarias e datas de Semana Santa e decembro, se poida realizar a actividade extractiva en sábados e días festivos.
Ao abeiro, do establecido no artigo 13.2 da norma citada anteriormente, do 21 de novembro, nos plans de percebe se poden reservar zonas de extracción para a semente de mexillón. Neste caso, para o trienio 2025-27, apróbanse 14 plans de percebe xestionados por 12 confrarías nos que se reservan espazo para explotar a cría deste molusco. Esta medida reguladora da actividade marisqueira ten por obxecto a protección e conservación do percebe en zonas concretas do ámbito do plan de xestión, garantindo a compatibilidade da extracción de percebe e semente de mexillón e que ambas actividades se desenvolvan de forma harmoniosa. Isto suporá que dentro do plan de xestión pode haber zonas nas que se poderá extraer percebe e semente de mexillón (zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón), e outras zonas nas que só se poderá extraer percebe (zonas de explotación exclusiva de percebe).
Novos plans para o percebe e a mexilla
Para a Costa da Morte aprobouse un novo plan de xestión de algas na modalidade de a pé á confraría de pescadores de Camariñas e na ría de Muros-Noia, para o mergullo ás confrarías de Porto do son, Portosín e Noia; na zona V (Fisterra) para equinodermos na modalidade de a pé á confraría de pescadores de Corcubión; e, na de Arousa, de solénidos na modalidade de mergullo á confraría de Vilaxoán.
Os mapas das zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e das zonas de explotación exclusiva de percebe estarán publicados na páxina web: https://www.pescadegalicia.gal/gl/zonasreservamexilla_zonasexclusivaspercebe.
Asemade, durante o desenvolvemento dos plans, A xestión do recurso nos plans de xestión vixentes, xunto co seguimento técnico permanente, permiten que os departamentos territoriais a petición das entidades, e en función do seguimento técnico, poderán autorizar períodos de actividade superiores a un mes, o que permite maior simplificación administrativa para as entidades asociativas do sector.
De igual xeito que en anos anteriores, aquelas entidades asociativas que así o recolleron nos seus plans de xestión, reservan zonas nas que os titulares de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie podan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva. As zonas reservadas polas entidades asociativas do sector para este fin publicaranse na páxina web https://www.pescadegalicia.gal/gl/poliquetos.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



