Ribadeo, 12 de febreiro, 2025. O próximo 21 de febreiro, ás 5 e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo «El Viejo Pancho», acollerá o evento Soberanía Dixital II: Mundo Wikimedia, comunidade de todos para todos. Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral ó universo das wiki da familia Wikimedia. Esta charla e posterior coloquio é parte do ciclo de actividades que se desenvolverán ó longo de 2025, impulsadas por amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense. Locais solicitados e concedidos polo concello para sucesivas actividades. Neste caso, co obxectivo de difundir o coñecemento e posibilidades de proxectos como Wikipedia, Wikidata e moitos outros, e en contacto con Wikimedia España.
Incluirá unha presentación, seguida dunha rolda de preguntas e algún exemplo práctico no que se explorarán proxectos Wikimedia, tanto nas súas vertentes de procura e obtención de información como de edición.
Como complemento, disporase dun fanzine en galego de 8 páxinas en formato A5, con artigos relacionados cos temas tratados na xornada. Portada e contraportada estarán adicadas en particular á Galipedia, a Wikipedia en galego. Asemade, disporase de material promocional.
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas interesadas en explorar ferramentas colaborativas e coñecemento libre.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



