O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe un novo programa de actividades no centro sociocomunitario do Valadouro
O Valadouro, 3 de febreiro de 2025. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, indicou hoxe que a Xunta de Galicia traballa da man dos concellos e das entidades para que as persoas que viven no rural teñan a posibilidade de envellecer na súa contorna cos coidados e apoios que necesitan. Díxoo na presentación do novo programa de atención aos maiores e envellecemento saudable que ten como sede principal das súas actividades o centro sociocomunitario de Ferreira de Valadouro. O acto contou tamén coa presencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Ademais dos beneficios para a saúde que ten este tipo de programas que a Xunta promove en concellos de toda Galicia, Antón Acevedo salientou que axudan a combater a soidade no desexada, xa que, a través deles, tamén se comparten experiencias e fomentan as relacións persoais. Neste sentido, apuntou que do que se trata é de mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas que participan nas actividades.
O centro sociocomunitario de O Valadouro funciona como un espazo polivalente, no que a veciñanza participa en talleres de estimulación da memoria, aprende a manexar un teléfono móbil ou unha tablet e asiste a conferencias e charlas divulgativas, entre outras propostas. As persoas interesadas en anotarse no programa deben poñerse en contacto cos servizos sociais do concello do Valadouro.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



