Foz, 26 de febreiro de 2025. Achéganse os días grandes do Entroido de Foz e segue aberto o praza de inscrición para participar no desfile que se celebrará este sábado, día 1 de marzo, desde as 16:30 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “Foz vive estes días a emoción do Entroido. O sábado 1 de marzo é o día grande, mais antes del, un par de citas importantes agardan en Foz. Este xoves ás 20 horas terá lugar a inauguración no Cenima da exposición dedicada a You & Caxé, os pregoeiros deste ano 2025. Para a continuación, ás 21.30 horas, acudir a pasar unha boa noite na Cea de Comadres organizada por Amas de Casa e Afammer. O venres é o día do pregón e as coplas. A partir das 20 horas na carpa da rúa Atalaia poderemos desfrutar do plan dos nosos pregoeiros e das coplas coas que nos deleitaran as peñas”.
Ademais Inés López lembra: “ata o día 28 ás 14 horas continúa aberta a inscrición no desfile de Foz. Pódeste inscribir no rexistro do Concello ou na sede electrónica do mesmo no trámite correspondente. Nese mesmo trámite podes atopar toda a información e formularios para a inscrición. Quen non recollera o seu dorsal antes do día do desfile debe pasar pola caseta da organización para recollelo ese día. O día 1 chega o día grande. Ás 10 da mañá o chupinazo, para desde as 12 desfrutar da música de Santa Compaña polos bares de Foz. A partir das 15 horas as gradas abriranse para que se poidan ir ocupando as localidades. Haberá dúas entradas, unha pola zona da confraría, para o que acuda de Foz, e outra pola zona da piscina, para o que aparque no porto. O desfile comezará ás 16.30 horas. Coma nos últimos anos, retransmitirase en streaming no youtube do Concello de Foz, para todo aquel que non poda acudir. Será narrado por Juan Varela e Pepo Suevos. O baile abrirá ás súas portas na carpa da rúa Atalaia a partir das 23 horas e comezará ás 23.45, coas orquestras Origen e La Bamba. A entrada custa 6 euros e pódese adquirir en taquilla ou por internet. Os premios outorgaranse a partir da 1.30 horas”.
A concelleira de Cultura anuncia tamén que “o domingo 2 a partir das 17 horas haberá baile infantil, con xogos, inchables e a actuación de La Guagua. A partir das 19 horas será a entrega dos premios infantís do desfile. Ás 20.30 horas chega o turno do Touporroutou, no salón de actos do Colexio Martínez Otero. E o día 3 é o Día do Farolillo e o plan en Foz. Ás 17 horas haberá baile infantil do farolillo na Sala Bahía, organizado por O Feitizo (entradas a 3 euros). Ás 23 horas Fania Blanco Show e Alejandro Martínez amenizarán na carpa da rúa Atalaia o famoso baile, con entradas a 4 euros. O día 4 a partir das 17 horas e tamén na carpa será o Día do Neno, coa colaboración de Amas de Casa. É un día infantil coa actuación do Mago Rafa e moitos xogos. Finalmente despediremos esta edición do Entroido coa queima o venres 7, a partir das 20.30 horas, con saída do Campo da Cabana e ata Conde de Fontao”.
Inés López Couto anima “a acudir a Foz aos eventos que todo o pobo prepara con tanto cariño. O Entroido para nos é unha tradición imprescindible”.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández, recorda que “poden seguir inscribíndose no desfile ata o venres, quen queira participar”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece “o esforzo de todos os que traballan na organización do desfile e dos distintos eventos e anima a veciños e visitantes a desfrutar dunha celebración que é especial, polo grado de implicación de veciñas e veciños, polo ambiente que se vive, polos lazos que crea… Quero incidir a todos aqueles que se acheguen á nosa vila o sábado que o fagan con tempo, xa que se prevé que haxa unha gran afluencia de visitantes. E lembrar que o desfile se adiantou media hora, comeza ás 16.30 horas”.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



