Habilitouse unha zona de aparcamento e instaláronse sistemas para recollida de augas pluviais para evitar as filtracións á estrutura do camposanto cun orzamento que supera os 10.000 euros
Cervo, 26 de febreiro de 2025. O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora no cemiterio de Sargadelos, a través da instalación de sistemas de recollida de augas pluviais co fin de protexer e mellorar a instalación, moi exposta á humidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata o camposanto en compañía do pedáneo Luis Peña, para ver in situ os traballos que supoñen un orzamento superior aos 10.000 euros procedentes das arcas municipais.
Tal e como explicou a rexedora “os traballos consistiron na execución dunha zona de aparcamentos, e na evacuación de augas da vía, para evitar as filtracións ao interior do cemiterio” como “lugar de memoria, respecto, e conexión cultural, asumimos a nosa responsabilidade de coidalo e preservalo, protexendo o espazo das inclemencias do tempo”.
Con estes traballos –engadiu- garantiremos que as augas pluviais que se acumulaban na vía non afecten á integridade das estruturas do camposanto e sexa un espazo seguro, limpo e digno.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



