Ribadeo, 27 de febreiro de 2025. Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de 16.500 bolsas de comida para levar. Na presentación participaron a presidenta e o xerente da asociación, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o investimento realizado nestas 16.500 bolsas de comida para levar está preto dos 6.000 euros, que podemos realizar con fondos propios e coa colaboración do Concello de Ribadeo. Desde Acisa facemos un esforzo moi importante para dotar aos nosos asociados e asociadas deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos negocios que deciden instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa”.
Cruzado Iglesias indicou que “estes materiais que, desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, entregamos aos negocios socios son un complemento aos seus propios. O que queremos facer con estas inversións é que as nosas asociadas e asociadas reduzan os seus gastos na medida destas posibilidades, que lles chegan en forma de bolsas, envases ou vasos térmicos”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “Acisa pon un ano mais novos materiais gratuítos a disposición dos seus socios e socias. Nesta ocasión trátase de 16.500 bolsas para comida para levar. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería pensando en dispoñer deles todo o ano. Por este motivo poñemos á súa disposición estas bolsas, xa que son materiais moi empregados e demandados por todo o sector. Ademais este ano, estreamos un novo deseño e eslogan que esperamos que lles guste tanto á veciñanza coma aos visitantes, e que é un adianto doutros novos deseños que formarán parte das imaxes de Acisa neste 2025”.
Ampliacións horarias para o Antroido
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, aludiu ás ampliacións horarias das que gozará a hostalería este Antroido: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas onde as ceas de amigos e de familia son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Así tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar do Antroido na hostalería ribadense, que ten moito que ofrecer, tamén polas noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato amable, e por iso animamos a todas e todos a gozar do Antroido en Ribadeo, nos seus locais e nas súas terrazas”.
E lembrou que “ata o 9 de marzo temos en marcha en 17 locais hostaleiros as Xornadas Gastronómicas do Antroido, con produtos doces e salgados, que farán as delicias de todas e todos nós”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “con estas ampliacións horarias os locais hostaleiros gozarán de 2 horas mais de apertura sobre o seu horario habitual de licenza. As ampliacións son as seguintes: os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas pasan, si así o desexan, das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada. Os establecementos de hostalería asociados a Acisa Ribadeo contarán con dúas horas mais sobre a licenza habitual de peche todas as madrugadas dende o 27 de febreiro ata o 5 de marzo con motivo do Antroido. Estas ampliacións favorecerán ao sector asociado para poder espremer ao máximo estes días de gran actividade económica”.
Formación gratuíta
Pérez Prada lembrou que “seguimos ademais ofrecendo formacións en liña e 100% gratuítas, para autónomos e traballadores asociados, subvencionadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional., co fin de mellora o nivel de profesional dos mesmos. Trátanse de diferentes cursos que Acisa ofrece a través de APE Galicia para o sector de comercio, hostalería e servizos, en diferentes ámbitos como atención ao cliente, xestión de negocios, aplicacións informáticas e webs, técnicas especificas por sector …. Desde inicios de ano ofrecéronse xa 10 edicións diferentes, ás que ao longo dos próximos meses engadiranse máis. Sen dúbida este novo servizo ofrecido por Acisa é moi interesante e útil, e cremos que pode ser un bo reclamo para que máis negocios se adhiran ao noso colectivo e se poidan beneficiar deles, así como de todos os servizos que ofrecemos”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



