Os abonos e as entradas por día pódense mercar en https://www.fivdevilalba.com/
Vilalba, 20 de xaneiro, 2025. O FIV de Vilalba anunciou esta mañá a programación diaria do festival que celebrará a súa 18º edición o 25 e 26 de abril. Con grupos como Shinova, León Benavente, Varrry Brava ou The Rapants como algúns dos máis esperados para dúas noites co mellor da música independente e máis actividades por desvelar. As entradas por día xa están á venda na páxina web do festival xunto aos abonos. Próximamente estará dispoñible o Abono Camping.
O FIV de Vilalba comenzará o venres 25 co grupo de indie pop Varry Brava, con máis de dez anos de traxectoria na primeira liña da escena musical nacional; The Rapants, unha das bandas máis destacadas do panorama galego; o cantautor catalán Joe Crepúsculo e os Dj´s Galician Army. Ademáis, recentemente anunciouse o Concierto Vibra Mahou coa proposta de Adrian Timms, unha das propostas seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia, co obxectivo de promover o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.
O sábado 26 o FIV comezará de mañá, cunha sesión vermú coa Banda de Música de Vilalba, o Karaoke FIV Stars da man de Karaoke con Esteban e un Concerto Vibra Mahou que se desvelará proximamente. Esta actividade será de entrada libre. As bandas Shinova e León Benavente serán algúns dos pratos fortes nunha noite na que tamén estará Cycle e a girlband galega Leria. Juancasupersub Dj Set e os lucenses Grande Osso completan a programación do festival.
18 edicións de música independente desde Vilalba
O FIV de Vilalba é un dos eventos máis esperados polos amantes da música de Galicia, ano a ano a vila énchese de “fivers” dispostos a gozar da mellor música, con actividades tamén durante o día ou iniciativas que implican ao comercio local. Con 18 edicións de historia ofrece desde Vilalba unha proposta que mestura grandes nomes da música nacional con novas bandas, destacando o talento galego. Os primeiros abonos para o evento, o abono #Fiver, esgotouse en poucos minutos.
O festival conta co apoio do Concello de Vilalba, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Vibra Mahou -a plataforma de Mahou Cinco Estrellas que conecta a artistas e público en torno á música en vivo-.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



