Os populares, dentro da estratexia de reunirse e escoitar de primeira man todos os colectivos asociativos e empresariais da provincia, coñeceron o traballo que se realiza e os proxectos que teñen previsto desenvolver na S.A.T. García Quintana, en Trabada, e interesáronse polas necesidades do sector
Trabada, 22 de febreiro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular visitaron a explotación agraria S.A.T. García Quintana, en Trabada, onde, ademais de coñecer de primeira man o traballo que realizan e os proxectos que teñen previsto desenvolver, quixeron poñer en valor o gran traballo que realizan centos de lucenses cada día na provincia en prol da defensa e desenvolvemento do sector primario.
Os deputados populares destacan a gran labor que realizan nesta explotación de Trabada, un traballo eminentemente familiar, como se realiza en tantas explotacións na nosa provincia, “polo que defender os seus intereses é unha prioridade para o PP xa que redundará no crecemento da provincia”.
Ademais, dende o Grupo Provincial Popular seguen amosando “o seu total apoio aos profesionais do sector primario” tal e como se realizou xa en diversas ocasións, defendendo diferentes iniciativas nos plenos da Deputación para que dende o ente provincial se poñan en marcha medidas e liñas de apoio ao sector.
“É indiscutible que o noso sector primario e, en particular, a agricultura e a gandaría, son eixo fundamental na xestión sustentable do territorio, ademais de representar un importantísimo eido económico, sostén da alimentación do noso país e da propia soberanía alimentaria en Europa”, sinalaron.
Ante esta situación, os deputados populares recordan como PSOE e BNG se negaron a habilitar ningunha liña de axudas para paliar os danos que o furacán Kirk causou en diferentes puntos da provincia, chegando PSOE e BNG a cualificar a petición realizada polo Grupo Provincial Popular de “tontería”.
Esa petición dos populares consistía en pedir a colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Goberno central:
-A Deputación cunha liña extraordinaria de axudas directas
-A Xunta de Galicia aumentando os fondos para que os gandeiros e agricultores contraten seguros
-O Goberno central cooperando para paliar os danos sufridos