A presidenta provincial do PP, Elena Candia, acompañada do voceiro e os deputados do Grupo Provincial, senadores, alcaldes e voceiros presentaron esta iniciativa nunha rolda de prensa celebrada esta mañá “ao tratarse dun problema que afecta a toda a sociedade”
Lugo, 20 de marzo de 2025. O Grupo Provincial Popular defenderá no pleno da vindeira semana unha iniciativa que busca a unanimidade de toda a corporación para esixir, dende a Deputación de Lugo e o resto de institucións ao Goberno central, medidas para paliar o déficit de facultativos na atención primaria.
A iniciativa presentouse nunha rolda de prensa na que participaron a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, os deputados do Grupo Provincial Popular, así como alcaldes e voceiros populares na provincia, xa que se trata “dun problema que afecta ao conxunto da sociedade”.
Nesta iniciativa ínstase ao Goberno do Estado a:
Axilizar o proceso de homologación de títulos dos profesionais sanitarios, mentres non se transfira esta competencia a Galicia
Incorporar de inmediato as novas prazas acreditadas á oferta formativa de especialistas
Modificar o Estatuto Marco para elevar ata os 72 anos a idade máxima para o exercicio da profesión médica
Acelerar a implantación da especialidade de médico de urxencias
Impulsar na liña do que veñen facendo comunidades como Galicia, medidas que permitan incentivar as prazas consideradas como de difícil cobertura para así lograr a súa cobertura
A realidade da atención primaria “está a ser difícil” en toda España por un problema de déficit de especialistas en medicina familiar e comunitaria de alcance estatal, o que fai practicamente imposible cubrir as prazas nos casos de xubilacións, baixas ou ausencias.
Elena Candia destacou que “este problema non é novo e xa o coñecemos dende hai anos” e recordou como cun goberno de Mariano Rajoy á fronte do Estado xa se buscaron solucións. “Dende hai anos sabiamos que esta difícil situación ía chegar, por iso xa en abril do 2018, as Comunidades Autónomas, xunto co Goberno daquela presidido por Mariano Rajoy aprobaron, por unanimidade, nun Consello Interterritorial unha serie de medidas prioritarias para corrixir as carencias que se estaban orixinando”.
Pero, continuou Elena Candia, “aquelas medidas quedaron sen efecto coa chegada ao Goberno de España do PSOE, en xuño de 2018, que postergou e non deu cumprimento ao pactado no Consello Interterritorial, empeorando así, cada ano, a situación da atención primaria”.
Pola súa banda, Antonio Ameijide destaca que “é o Goberno central o que ten a responsabilidade nesta materia e nestes anos nada ou pouco fixo para resolver a situación, máis ben deixouse correr o tempo sen tomar decisións”.
Neste senso, destaca o voceiro popular que “practicamente todas as medidas que se levaron a cabo nestes anos foron no ámbito competencial das Comunidades Autónomas, que foron quen de asumir as súas responsabilidades en materia sanitaria, con moito esforzo e sen o apoio do Goberno estatal”.
Ata tal punto chegou a situación que comunidades de distinto signo político subscribiron un manifesto impulsado por Galicia (PP) e País Vasco (PNV) onde reclaman ao Goberno de España unha serie de medidas urxentes para solucionar a situación na que se atopa a atención primaria. A este manifesto uníronse nun primeiro momento máis comunidades autónomas como Cataluña (ERC), Castela e León, Andalucía ou Madrid, entre outras.
Antonio Ameijide destaca que “xa van sete anos, seis ministros de sanidade e ningunha vontade política por parte do Goberno central do Partido Socialista en pór solución a unha problemática que afecta a todo o país e á saúde da xente”.
Pola súa banda, o deputado Francisco Balado afirmou que “estamos cansos de ver mocións de PSOE e BNG esixindo contratacións á Xunta, a pesar de que saben que non hai médicos dispoñibles para cubrir as vacantes, e nunca reclamando ao Estado que é o que pon freo á formación e incorporación de novos profesionais”.
A Xunta de Galicia actuou e, facendo uso das súas competencias, elaborou unha lei que a habilitou para convocar prazas consideradas de difícil cobertura mediante concurso de méritos.
En cambio, a inacción do Goberno central por poñer solucións enriba da mesa que faciliten que haxa facultativos que as comunidades poidan contratar fai que moitos concellos galegos teñan serias dificultades para cubrir as prazas que quedan vacantes ou as baixas do persoal sanitario.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



