A piques de esgotar os seus abonos, o festival poñerá á venda as súas ENTRADAS DIARIAS o luns 17 ás 13:00h
Viveiro, 12 de marzo, 2025. Resurrection Fest Estrela Galicia presenta o seu cartel por días para a que será a edición máis grande e histórica da súa historia. O vixésimo aniversario de Resurrection Fest celébrase este ano en Viveiro co cartel de metal e rock máis potente do país. Un cartel que non deixa lugar a dúbidas de que Resurrection Fest Estrela Galicia é por dereito propio o festival de metal máis grande de España e un dos máis potentes do mundo.
Viveiro será de novo anfitrioa dun dos carteis máis potentes do mundo en canto a metal refírese en 2025. Auténticas lendas do rock como Judas Priest, Korn ou Slipknot non quixeron perderse esta data tan sinalada. Estrelas máis actuais do metal como Jinjer, Tesseract (anunciados hoxe) ou Falling In Reverse son tan só algúns dos nomes dos cen artistas que actuarán nos catro escenarios de Resurrection Fest Estrela Galicia durante catro días: os próximos 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2025.
RESURRECTION FEST ESTRELLA GALICIA 2025
MÉRCORES 25
Judas Priest
Jinjer
Novelists
Signs Of The Swarm
From Fall To Spring
Tarja
Kanonenfieber
Skynd
Lost Society
Lake Malice
Deimocracy
Stick To Your Guns
House Of Protection
Terminal Sleep
Psilicon Flesh
Spy
Crossed
Pentagram (Farewell Tour)
Eihwar
The Southern River Band
Love Letter
Moura
Band Contest
XOVES 26
Korn
Till Lindemann
Seven Hours After Violet
Northlane
Stain The Canvas
Municipal Waste
Death Angel
Heredeiros Da Crus
Gigatrón
Vowws
Killus
H2O
Evergreen Terrace
Deviloff
PI.L.T.
Defects
Not Yet
Eagle Of Death Metal
Valient Thorr
El Altar del Holocausto
Messa
Maragda
Band COntest
VENRES 27
Falling In Reverse
Tesseract
Angelus Apatrida
Aphonnic
Broken By The Scream
SOEN
Crucified Barbara
Unprocessed
Party Cannon
Stesy
Against The Waves
Ignite
DEsolated
Guilt Trip
Anal Hard
Sound Of Silence
Harakiri For The Sky
Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
Slow Crush
Motorjesus
Moonshine Wagon
The Riff Truckers
Band Contest
SÁBADO 28
Slipknot
Skindred
Crossfaith
Aviana
Tetrarch
Zeal & Ardor
Vader
Spectral Wound
Mental Cruelty
Gutalax
The Broken Horizon
Walls Of Jericho
Siamese
Split Chain
Iscream Never Ground
Ezpalak
Archivo Adxunto
Russian Circle
And So I Watch You From Afar
Slomosa
Dirty Sound Magnet
Saturna
Band Contest
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



