Cervo, 20 de abril, 2025. As asociacións Fol do Raxal e Fervenza de Sargadelos, e Marmeladas A Morena preparan para o 3 de maio unha nova edición do evento. Cómpre destacar que o deseño do cartaz deste ano está adicado ás transmisoras da nosa tradición oral e é obra do artista Diego Cereijo.
Nas redes sociais xa avanzaron o programa de actividades. Como xa é tradición, ao mediodía farase o pasabares pola Taberna de Sargadelos, a Pousada o Almacén e o Caseto de Copa, ás 14h dará comezo a sesión vermú coa Requinta de Lampai, a foliada dará comezo ás 18h 30 e o concerto de Ailá será ás 22h. ´
Tamén, están programados varios obradoiros: enredos musicais con Oli Xiráldez, baile tradicional con Marcos Botana e formas e xeitos de tocar o pandeiro e a pandeireta con Noemi Basanta. As inscricións están abertas até o día 27 de abril en foliadadecervo@gmail.com
Ademais, haberá feira de artesanía, que será un aliciente máis para desfrutar da xornada, e tampouco faltarán os xogos tradicionais pola tarde e a queimada ao rematar o concerto.