A institución provincial destina preto de 210.000€ para acometer estes traballos que afectan á totalidade da vía, algo máis de 2 quilómetros, e que consisten na limpeza de cunetas, na rehabilitación do firme e na reposición da sinalización
Lugo, 10 de abril de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana os traballos de rehabilitación do firme da estrada LU-P-0611, a vía que une o Barrio Novo coa Praia do Coto, no concello de Barreiros. Con estas obras, nas que a institución provincial inviste preto de 210.000€, mellorarase a totalidade da estrada, que conta cunha lonxitude de algo máis de 2 quilómetros.
Este proxecto, que está a realizar a empresa Grupo Bascuas 2008 SL, conta cun prazo de execución de dous meses, e consiste na limpeza de cunetas, na repavimentación do firme con aglomerado en quente, na sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e na reposición da sinalización vertical.
Trátase dunha actuación moi relevante para o municipio mariñán xa que esta estrada conta con elevado volume de tráfico especialmente na época estival, pois conecta coa N-634 e á LU-P-0610 que dá a unha das zonas máis turísticas de Barreiros, a praia do Coto. A mellora desta vía garantirá a circulación dos seus usuarios e usuarias nas máximas condicións de seguridade e comodidade.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



