Xunto á Deputación de Lugo, adheríronse hoxe a esta rede colaborativa o Principado de Asturias e as deputacións de Tarragona, Ourense, Castellón, Guadalaxara, Palencia e Burgos, sumando xa un total de 20 entidades de todo o territorio nacional
Lugo, 11 de abril de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Vicepresidenta Terceira do Goberno de España e Ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aagesen Muñoz, asinaron este venres en Ponferrada o protocolo para impulsar un Centro de Innovación Territorial en Lugo. Esta iniciativa permitiralle á provincia formar parte da Rede CIT que impulsa o Goberno de España co obxectivo de xerar ferramentas que activen os territorios en vías de despoboamento.
“Isto vainos a permitir participar, co resto de deputacións de España, nunha acción que servirá para promover todo tipo de proxectos innovadores destinados a reter talento no territorio e dinamizar o rural”, valorou o mandatario provincial. Xunto á Deputación de Lugo, esta mañá asinaron este protocolo na Térmica Cultural de Ponferrada o Principado de Asturias e as deputacións de Tarragona, Ourense, Castellón, Guadalaxara, Palencia e Burgos, sumando un total de 20 entidades de todo territorio nacional.
Esta firma enmárcase nun encontro nacional de Centros de Innovación Territorial que se celebra ata mañá, sábado, no Bierzo co obxectivo de fomentar a colaboración entre territorios, impulsar o intercambio de ideas e estratexias. Unha cita na que participan 400 inscritos e consta dunha feira con expositores, mesas redondas, espazos de traballo, concertos e obradoiros.
Precisamente, Tomé Roca participou nunha mesa redonda sobre Desenvolvemento Rural e compromiso social na que sinalou que na Deputación de Lugo “levamos anos traballando para facer políticas destinadas a acercar os servizos ao rural” e destacou o traballo da institución provincial para crear unha rede pública de residencias de maiores “que favorecen o arraigo cunha atención de calidade e crean emprego, os nosos piares na loita contra o despoboamento”.
Puxo en valor que a Deputación de Lugo ten xa 9 residencias en funcionamento –nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil- que dan servizo na provincia a través dun modelo de pequenos centros públicos, nos que prima a atención ás persoas, e que conta con moi boa acollida en Europa. Así mesmo, a institución provincial traballa co compromiso de abrir este mandato as de Becerreá, Guitiriz e a Pontenova e traballa noutros proxectos en Portomarín, A Pobra do Brollón, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Pantón.
O Presidente sinalou outros proxectos e boas prácticas que impulsa a Deputación que contribúen a fixar poboación, como o Plan Deputación de Cooperación cos Concellos –que permite que un pequeno municipio como Negueira de Muñiz (con 225 habitantes) reciba 180.000€- a Granxa Gayoso Castro ou iniciativas turísticas como as rutas en catamarán ou o Parque Central de Antas que impulsan un modelo de colaboración público-privado. Ademais Tomé Roca reivindicou unha revisión do financiamento local para que as entidades locais teñan uns medios acordes as súas competencias e sinalou o principal papel das deputacións: ser o Concello dos concellos.
Unha rede en constante crecemento
“Estas firmas son unha demostración do noso compromiso cos municipios rurais, seguiremos traballando para que todos os territorios teñan acceso á Rede CIT. Somos cada vez máis e seguiremos crecendo”, destacou Aagesen. Explicou a Ministra que a Rede CIT,yu conformada por todos estes Centros de Innovación Territorial e cuxo centro de coordinación é o Nodo CIT MITECO-CIUDEN –situado en Ponferrada, León- busca conxugar esforzos e optimizar as estratexias para o desenvolvemento rural.
José Tomé acudiu a este acto acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. Xuntos participaron co resto de autoridades nun percorrido pola feira, asistiron á intervención inaugural da Ministra e participaron na mesa redonda sobre desenvolvemento rural e compromiso social na que participaron tamén a Directora Xeral de Políticas contra a Despoboación, Ángeles Marín; e a Presidenta da Deputación de Palencia, Ángeles Armisén. No encontro tamén estivo presente o Secretario Xeral para o Reto Demográfico, Francés Boya, que no 2021 visitou o Centro de Atención a Maiores que a Deputación de Lugo ten en Castroverde, para coñecer de primeira man o modelo da institución provincial.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


