Ribadeo, 28 de abril de 2025. Ribadeo segue a mellorar as súas infraestruturas. Remataron os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas rúas e tamén todo o seu equipamento. Na rúa do Cemiterio, toda a zona de Recarei, tamén Irmáns Moreno Ulloa, activamos unha serie de melloras. Primeiro, a rúa toda do Cemiterio, a beirarrúa que está diante da clínica veterinaria fundiuse e arranxámola toda. Melloramos a zona da rampla para as persoas con mobilidade reducida.Tamén melloramos todos os hitos que estaban moi deteriorados, pintámolos e arranxámolos. Tamén limpamos toda a rúa, fixemos o que se chama decapar, sacar toda esa suciedade pegada nas beirarrúas”.
O rexedor seguiu a relatar que “tamén actuamos diante do restaurante o Cabazo, seguindo esa liña que temos no Concello de mellorar todas as rúas, tamén desde un punto de vista da mellora da accesibilidade, e desde logo toda esa zona tivo unha mellora considerable e importante. Tamén quedan cousas por facer. E nestes momentos estamos xa analizando como vamos mellorar esa parcela que está na esquina a carón dos contedores, que leva moitos anos abandonada, e hoxe tamén queremos anunciar que dentro desas melloras vamos activar unha serie de actuacións nesa parcela, nesa esquina que é municipal. Polo tanto toda unha zona que estaba bastante abandonada, deteriorada, que non había conservación, eu sempre digo que está moi ben investir, está moi ben xestionar o orzamento para novas inversións, pero hai que conservar o que temos”.
Para Dani Vega “de pouco sirve traer inversión e ao pasar do tempo non activar esa xestión para a conservación e así deixarse abandonar rúas ou edificios como, por desgraza, nos pasa nestes momentos. Actuamos cunha inversión en toda unha zona e vamos seguir mellorando espazos, seguir investindo para que Ribadeo avance”.