Dinha adiantou en dúas ocasión ás laranxas na primeira metade e na segunda completaron a faena Carolina Pedreira e Patricia en dos ocasiones a las laranxas en la primera mitad y en la segunda completaron la faena Carolina Pedreira y Patricia
Burela, 26 de abril, 2025. O conxunto feminino do Burela FS tróuxose unha traballada vitoria de Móstoles (2-4), nun partido no que as futbolistas preparadas por Julio Delgado completaron unha segunda parte moi seria. Con este triunfo, as mariñás continúan na terceira praza da Primeira Iberdrola FS e seguen presionando ao Futsi Atlético Navalcarnero, que é segundo e conta con tres puntos de renda sobre as burelistas.
O partido comezou co cadro laranxa rozando o tanto no minuto 3, cando un disparo de Cris Lourés pegaba nos dous paus. O cadro burelista pediu que entrara o gol. Os árbitros non o concederon, aínda que non tardaría en chegar o primeiro da tarde, xa que na seguinte acción si se adiantaban as mariñás cun tanto de Dinha, que recibía de Dany tras unha contra iniciada cunha recuperación en campo propio de Cami.
O empate das mostoleñas non se faría esperar, xa que no seguinte minuto Benete marchábase de dúas xogadoras burelistas e anotaba cun disparo desde dentro da área. O cadro madrileño tivo o dominio territorial nos seguintes minutos, pero sen inquietar demasiado a Ana Eliza. Superado o ecuador da primeira entrega, o Burela volvía xerar perigo nos pés de Patricia, que, no segundo pau, remataba ao lateral da rede unha falta sacada por Dinha. Despois estaría a piques de marcar Cami, pero o seu dereitazo era repelido cunha gran man por Pitu.
Non habería máis goles ata o tramo final deste primeiro período, cando Dinha volvía adiantar ás laranxas nun contragolpe. A brasileira roubaba preto da súa área, conducía ata o frontal local e anotaba cun disparo que non lograba despexar Pitu. Con todo, o Móstoles tería opcións para igualar antes do descanso e conseguiríao cando xa restaban poucos segundos para o intervalo. Primeiro Ana Eliza tapaba un disparo de Piti, que se había quedada soa ante a brasileira, despois Montufo remataba ao pau e as de Ángel González atopaban o premio á súa insistencia nunha xogada de estratexia na que Nere Moldes remataba a gol soa no segundo pau.
A segunda metade empezou con poucas ocasións para ambas escuadras nos primeiros cinco minutos. A primeira gran oportunidade das mariñás foi no 24, por mediación de Patricia, pero o seu disparo foise rozando o pau. Poucos segundos despois si que atopaban o camiño do gol as discípulas de Julio Delgado, cando Carolina Pedreira anotaba tras un disparo frontal de Patricia nunha xogada de estratexia.
No minuto 30 puido chegar o cuarto das visitantes, pero interviña Ari, mentres que na contra posterior tiña Benete o empate. Máis tarde probábao Celia cun disparo cruzado tras un roubo en media pista. As mostoleñas apostaron polo xogo de cinco con Benete como porteira-xogadora cando restaban catro minutos para a conclusión, pero apenas conseguiron poñer en apretos a Caridad. Patricia, a portería baleira tras unha perda das locais, anotaba a sentenza a segundos da conclusión.
Ficha Técnica MRB Móstoles 2-4 Burela FS
MRB Móstoles (2): Pitu; Nere Moldes, Inma, Benete, Piti -quinteto inicial-, Celia, Montufo, Claudia, Becha, Miriam Serrano e Ari (ps).
Burela FS (4): Ana Eliza; Cami, Dinha, Cris Lourés, Dany -quinteto inicial-, Carolina Pedreira, Noelia Montoro, Patricia, Débora e Caridad (ps).
Goles: 0-1, min. 3: Dinha. 1-1, min. 4: Benete. 1-2, min. 18: Dinha. 2-2, min. 20: Nere Moldes. 2-3, min. 25: Carolina Pedreira. 2-4, min. 40: Patricia.
Árbitros: Georgiana Alina Bancu e Diego Sarasúa (Colexio Madrileño). Amoestaron ás locais Pitu, Becha e Nere Moldes, así como á visitante Carolina Pedreira.
Incidencias: Encontro da vixésimo sétima xornada da Primeira Iberdrola FS disputado no pavillón Eva Manguán de Móstoles.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


