O Presidente, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración co presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, mediante o cal a institución provincial achega 25.000€ para financiar este servizo
Lugo, 14 de maio de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, a través do que a institución provincial realiza unha achega económica de 25.000€ para financiar un servicio gratuíto de asesoramento social e laboral para persoas con dificultades económicas.
As principais cuestións ás que se dá resposta están relacionadas con asuntos de estranxeiría, condicións laborais ou dereitos e axudas sociais, entre outros temas. Este recurso, que se desenvolve da man dos profesionais da entidade lucense, leva en marcha sete anos consecutivos cunha tendencia á alza no número de consultas. No 2024 -a maiores das peticións que se atenderon telefonicamente- deuse resposta as dúbidas de xeito presencial de 114 persoas.
O mandatario provincial recalcou que “desde a institución provincial renovamos novamente esta colaboración co Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo porque presta un labor fundamental, ofrecendo atención especializada a aqueles veciños e veciñas da provincia que se atopan en situacións de vulnerabilidade. O incremento das consultas ano tras ano demostra a necesidade deste recurso, así como a calidade, o rigor e a profesionalidade coa que se desenvolve esta iniciativa social”.
Pola súa banda, Manuel Núñez agradeceu o apoio económico da Deputación de Lugo e recordou o funcionamento deste servizo de asesoramento que “levamos a cabo tanto de xeito telefónico como presencial sen necesidade de que os propios solicitantes teñan que desprazarse ata a sede, pois son os propios profesionais o que o fan”. Así mesmo, avanzou que as persoas interesadas deben solicitar cita previa no Colexio para iniciar os trámites da consulta.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



