A Mariña, 21 de maio de 2025. Gozar de experiencias de calidade e conectar co destino dunha maneira máis profunda, pero tamén máis respectuosa e sostible, en calquera época do ano e superando o concepto tradicional do turismo. Ese é o obxectivo que se marca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e no que traballa a diario para posicionar o territorio como un destino que ofrece, máis que actividades, experiencias. Nesta liña, o xeoturismo e o turismo ornitolóxico están a converterse en alternativas singulares na Mariña Lucense, captando o interese por parte das persoas que nos visitan.
Con este potencial está a traballar para estruturar un catálogo de produtos e experiencias enriquecedor tanto para as persoas que nos visitan, como para aquelas que viven aquí. “Concibimos o turismo como unha actividade que xera valor, non só económico, senón tamén para a conservación e valorización do patrimonio, promovendo así o orgullo local e un turismo cada vez máis desestacionalizado e respectuoso co territorio” así o explica a vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Ana Ermida, cando aborda o concepto do turismo.
Actividades especializadas
Co obxectivo de promocionar A Mariña como destino de turismo ornitolóxico e xeoturismo, a Mancomunidade – ao abeiro do Plan de Sos8bilidade Turística 2022-2024 cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo- vén de ampliar os contidos recollidos nas seccións de Xeoturismo e Ornitoloxía da páxina web https://amarinalucense.gal/, facilitando que todas as persoas interesadas teñan acceso á información actualizada e completa para a práctica destas modalidades de turismo de natureza co fin de planificar as súas visitas e contratar servizos.
Así mesmo, tamén se editaron 2 folletos divulgativos, un de turismo ornitolóxico e outro de xeoturismo, que xa están dispoñibles ao público tanto en papel nas Oficinas de Turismo municipais, como para a descarga en formato dixital en varios idiomas na páxina web anteriormente indicada.
Ademais, nos próximos meses serán colocados, en lugares estratéxicos de interese xeolóxico e ornitolóxico, tótems interpretativos de baixo impacto visual e paisaxístico.
Todo isto complementa o traballo previamente realizado, no marco do PST, co fin de fomentar a creación de produtos e iniciativas turísticas público-privadas. Así, destacan as tres xornadas formativas en turismo ornitolóxico e xeolóxico, o encontro de turismo de observación de natureza natureWatch e as 22 xeorutas realizadas fóra de tempada alta de man de guías locais expertos na materia. Todo isto supón un total de 33 accións no territorio, que mobilizaron a máis de 500 persoas.
Turismo ornitolóxico
A observación de aves é unha oportunidade de atraer turismo desestacionalizado e respectuoso co territorio. A Mariña ten unha gran diversidade de hábitats e especies que ofrecen diferentes posibilidades de observación en función da época do ano, sendo as gaivotas o grupo de aves que máis ornitólogos atraen a esta zona.
A primavera é unha época crucial para a observación debido á nidificación, a cría e a migración a través do corredor migratorio de aves mariñas máis importante de Europa declarado ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).
No interior destaca Ourol como lugar para a observación de voitres leonados, considerado o lugar con maior concentración de toda Galicia durante estes meses de primavera, podendo verse tamén con facilidade no resto da Serra do Xistral (Alfoz, Mondoñedo e O Valadouro), onde ademais se atopan destacadas especies forestais.
Na costa, chegan as pardelas cincentas a nidificar á Illa Coelleira (O Vicedo) e nas praias obsérvanse aves pouco frecuentes alimentándose e descansando para continuar coa súa migración. Ademais, a finais do verán e no outono, un dos mellores lugares de Europa para observar e fotografar o espectáculo da migración das aves, é Cabo Burela, situado a tan só 1 hora de distancia de Estaca de Bares (A Coruña), lugar recoñecido internacionalmente por ser o mellor punto de observación deste acontecemento natural.
Durante o inverno, o interese concéntrase nas rías e lagoas, coa presenza de limícolas, anátidas, garzas ou as aguias pescadoras, entre outras especies.
Xeoturismo, rochas singulares
O xeoturismo supón tamén un importante atractivo na Mariña tanto para visitantes como para a poboación local, quedando patente o interese a través da alta participación rexistrada nas actividades programadas.
Máis alá do recoñecemento que atesouran lugares como o Monumento Natural Praia das Catedrais, a Cova do Rei Cintolo, Mina Consuelo ou O Perdouro en Burela; dende a Mancomunidade fíxose unha selección doutros 12 puntos de especial interese xeolóxico que cómpre visitar para coñecer o pasado da Mariña, un lugar privilexiado dentro da Península Ibérica, cuxas formacións rochosas son obxecto de estudo pola súa vistosidade e por toda a información que nos achegan da súa historia.






















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



