Será o xoves 15 de maio ás 11:30 horas diante do Centro de Saúde de Viveiro
A Mariña, 8 de maio de 2025. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, despois de sucesivos encontros e xuntanzas con membros do tecido asociativo da cidade, nos que se analizou o estado no que se atopa o seu centro sanitario convoca unha concentración diante do centro de saúde o próximo xoves día 15 de maio ás 11.30 horas.
Nestas reunións entre o colectivo sanitario e veciñxs de Viveiro constatouse o “desastre sanitario continuado no tempo que sufre o seu centro de saúde, con vinte días de agarda ou máis para conseguir unha cita para ser atendidx por un/ha médica de familia o que xenera un sentimento de abandono nas persoas que precisan atención aos seus problemas de saúde”.
Falta case o cincuenta por cen dxs médicxs de familia e a metade de pediatras
A situación é extremadamente grave xa que esta semana faltaban cinco dos once médicos, case o cincuenta por cen da dotación de facultativxs de familia. Segundo manifesta a coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro esta situación que se está a dar non é un feito puntual senón que constitúe o día a día neste centro de saúde, “salvo nos días previos á celebración multitudinaria da manifestación en defensa da sanidade pública que encheu Viveiro; eses días atoparon médicxs para cubrir case todas as ausencias que hai habitualmente”.
Respecto ao servizo de pediatría nada mudou tampouco desde hai máis dun ano, cando, trala enorme presión social das e dos veciños de Viveiro, o Vicedo, Ourol e gran parte da Mariña sobre os e as responsables de xestionar a sanidade, cubriuse unha das dúas prazas de pediatría que hai.
Viveiro tamén sufre as escandalosas listas de espera para especialistas hospitalarios
Se a situación na Atención Primaria é escandalosa un adxectivo aparte merece tamén a falta de atención médica nas especialidades hospitalarias, constatándose que hai persoas que levan agardando varios anos para ser vistos no hospital. Estas agardas tan vergonzosas en pacientes que deberan ser revisados nun período de tempo prescrito polo especialista supoñen un risco e un perigo para a saúde das persoas, que poden ver agravado o seu proceso, ou mesmo poden precisar dun ingreso que sería innecesario se fose revisada a evolución da súa enfermidade ou os axustes de tratamento da especialidade. Desde o colectivo sanitario afirman que hai moitos casos sangrantes de agardas de tres, cinco anos ou incluso máis anos, superándose con creces as listas de espera oficiais do Sergas, “maquilladas e falseadas ata extremos insospeitados, constituindo estas cifras dadas polas xerencias e a consellería de sanidade a punta dun iceberg. O peor das listas de espera está mergullado e oculto para que a poboación non se entere do desastre sanitario que provocaron”- explican.
O colectivo sanitario axudará a facer reclamacións
O mesmo día da concentración diferentes integrantes da plataforma sanitaria axudarán ás persoas que queiran a redactar reclamacacións en relación a agardas excesivas para ser atendidxs.
Desde a Plataforma Sanitaria animan a toda a sociedade viveirense, ás localidades veciñas e en xeral a todas as veciñas e veciños da Mariña a que acudan a esta concentración para defender o dereito a unha atención digna, con non máis de 48 horas de agarda para unha consulta ordiñaria. Todo o que supere ese tempo significa alonxamento dos estándares de calidade e dos principios básicos da Atención Primaria.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



