Burela, 5 de maio, 2025. O vindeiro sábado 10 de maio, a Asociación Camiña celebrará unha xornada de convivencia aberta a toda a comunidade no Monte Castelo (Burela), a partir das 11:00h ata as 14:00h. A actividade incluirá xogos tradicionais, inchables e para finalizar uns aperitivos nun ambiente lúdico e participativo.
A actividade será de balde para persoas socias, mentres que as non socias deberán abonar unha achega de 3 euros. Para participar, é necesario inscrición previa a través das redes sociais da entidade ou chamando aos teléfonos de contacto.
Desde Camiña convidan a todas as familias a sumarse a esta proposta para fomentar a inclusión das persoas con diversidade.
Maís información: www.asociacioncaminaburela.com