O pleno aprobou a moción nacionalista que reclama ao Partido Popular “a activación inmediata das axudas anunciadas”
Lugo, 27 de maio de 2025. O BNG trasladou ao pleno provincial a “situación agónica” das produtoras e produtores da faba que , en pleno inicio da campaña, seguen sen recibir as axudas comprometidas pola Xunta de Galiza para paliar a perda da colleita de 2024.
“Os anuncios que fixo a Conselleira na reunión do pasado 14 de marzo non se traduciu na activación de medidas urxentes, que reclamaba o sector”, criticou o deputado . As produtoras tiveron que asumir absolutamente todos os gastos da nova plantación logo de ter perdido a práctica totalidade da última colleita”, explicou o deputado Daniel García, que reclamou a posta en marcha inmediata das axudas prometidas.
“Hai moitas familias de labregos e labregas que están sufrindo dificultades para afrontar os custos de produción e víronse obrigados a devolver algún pedido das varas para o titorizado das plantas. Aos produtores non lles serven máis escusas, incidiu o deputado mariñao que ve “á Xunta de Galicia, máis preocupada pola axenda de festexos de fin de semana , que comprometida co sector da faba” Nesa liña, contrapuxo a tardanza nas medidas para as pequenas producións coa “axilidade” nos procedementos para a grande industria extractiva.
Daniel García introduciu tamén no debate demandas estratéxicas para garantir a continuidade dunha produción fundamental na comarca da Mariña, como a implicación da Xunta de Galiza na defensa dunha axuda asociada para a faba na PAC e máis medios recursos para investigación en formación en prácticas agrícolas máis resilentes ao cambio climático.
As propostas recóllense na moción presentada polo BNG no pleno provincial, aprobada malia a oposición do PP. Con esta iniciativa, a formación nacionalista dá continuidade a actividade política e institucional desenvolvida nos últimos meses en defensa do sector.