Unha cita á que a institución provincial achega 10.000€ para a súa organización e que reuniu a centos de persoas na Praza do Concello trabadense para degustar este prato típico do municipio. Carlos López destacou a colaboración da institución provincial a esta “cita senlleira, que pon en valor unha cultura gastronómica capaz de atraer visitantes ao noso territorio”. Destacou o traballo que fai o Concello mariñán por enxalzar este produto, tamén chamado faragullos que se elabora con touciño, ovos, leite, fariña e auga.
